2. O bloque Level up!


O bloque Level up! engádese activando a edición do curso e premendo en Engadir un bloque.

Unha vez incorporado ao curso vemos os seguintes elementos:

1. A cruz permite movelo a outra posición e desde o menú da roda dentada podemos cambiar o nome do bloque e a mensaxe inicial.

2. Settings: permite o acceso á configuración do engadido.

3. Info, Ranking e Report son accesos rápidos a configuracións ás que se accede desde Setting.


Unha vez que prememos no botón Settings móstrase unha páxina con diferentes lapelas que veremos a continuación.




Os elementos que requiren unha maior atención son o 1 (Settings),  3 (Rules) e  4 (Levels), que veremos detalladamente.

A lapela 8 (Info) mostra graficamente os niveis do curso e proporciona un acceso á pestana 4, que permite modificalos.

Na número 7 (Ranking) móstrase a lista de estudantes do curso ordenados segundo o nivel e os puntos de experiencia.

Na 6 (Report) temos tamén a lista de estudantes con información de puntos e nivel pero neste caso móstrase unha roda dentada que nos permite aumentar ou diminuir directamente os puntos xp así como un botón que reinicia a puntuación de todos os participantes.

Na pestana 5 (Log) podemos consultar todos os eventos dos estudantes, incluíndo os puntos que xeraron. Proporciona información interesante para determinar o funcionamentos das regras establecidas no bloque.

A lapela 2 (Visuals) permite personalizar as iconas que representan aos niveis, que son por defecto estrelas de cores. Podemos engadir calquera imaxe cunhas dimensións de 100 x 100  sempre que manteñamos os mesmos nomes.

Veremos a continuación as lapelas 1, 3 e 4, imprescindibles para o funcionamento do engadido.