5. A tenda

Unha das opcións que nos permite o bloque Stash é establecer un espazo a modo de tenda no que se poden intercambiar obxectos. Para iso é preciso definir cada intercambio que desexemos permitir, indicando un nome da transacción e os obxectos que interveñen nela.

Accédese a través do botón Setup do bloque Stash:


Na pantalla de configuración do intercambio debemos completar os seguintes elementos:


1. Indicamos un nome para a transacción, que verá o alumnado.

2. Indicamos os nomes das columnas onde se colocarán os obxectos que se compran e venden.

3. No botón + accedemos a unha pantalla que permite escoller os obxectos e o número desexado:




Pódense crear tantas transaccións como nos interese e unha vez gardadas amosaranse desde o bloque:

Premendo no nome accédese ao código que nos permite mostralo no curso a través do editor, como sucedía no caso dos obxectos.



Do mesmo xeito que se fixo anteriormente podemos condicionar o acceso á tenda á superación de determinados retos ou á consecución de obxectos. Se queremos que se mostre sempre aos estudantes, temos tamén a opción de colocalo nun bloque de tipo  HTML para que o visualice xunto co bloque Stash: