3. Localización dos obxectos

A localización dos obxectos, así como o número de veces que un estudante pode recollelos dependerá do obxectivo concreto que persiga cada docente e debe estar planificado previamente. Algunhas posibilidades son as seguintes:

  • Colocación na descrición dun recurso ou dunha actividade que non se autocorrixe (páxina, foro, tarefa...):  conséguese que os estudantes  visualicen a descrición  pero non garantiza que fagan a actividade. Neste caso pode interesar que o obxecto estea dispoñible varias veces.
  • Colocación na realimentación final dun cuestionario: os estudantes deben acadar un certo porcentaxe de acertos para conseguir o obxecto; pode configurarse para estar dispoñible só unha vez ou varias se permitimos múltiples intentos.
  • Colocación nunha páxina ou etiqueta cunha restrición de completado ou de cualificación respecto dunha actividade anterior: para recoller o obxecto o estudande debe superar un reto previo; neste caso o obxecto debe estar dispoñible só unha vez. A restrición pode incluír tamén ter xa outros obxectos almacenados.

No seguinte exemplo vemos o código na descrición dun foro do curso e o que visualiza o alumnado cando entra na actividade:


No exemplo a continuación vemos como se configura a realimentación dun cuestionario para que o alumnado consiga o obxecto se ten entre un 75% e un 100% de acertos:




Por último vemos como configurar a restrición nunha páxina que contén un obxecto para que unicamente se acceda a ela se foi superada outra actividade anterior e ademais xa se conseguiu outro obxecto concreto:

Neste caso a páxina estará accesible ao estudante cando consiga as dúas condicións indicadas, e poderá obter o obxecto entrando e premendo sobre el: