Completado de actividades
6. Boque Ranking block
O bloque Ranking block serve para engadir na aula virtual un bloque onde figure a clasificación do alumnado participante, a partires da puntuación obtida, ordeados de maior a menor. Desta forma incentivaríase a competición entre eles para acadar máis puntuación e así poder subir postos na clasificación.
A puntuación obtense a medida que o alumnado vai completando as actividades ou consultando os recursos dispoñibles, xa que está asociada ao seguimento de completado do curso, explicado no capítulo anterior, e que tamén deberá estar activado nos axustes de configuración do curso onde se vaia empregar este bloque.
A configuración deste bloque debe facerse dende a administración de moodle e será común para todos os cursos que o engadan: no menú Administración do sitio -> lapela Engadidos -> Ranking block (no apartado de Bloques).
