Restricións de acceso

2. Restricións e gamificación

2.1. Combinando restricións


Para ilustrar a posibilidade de utilizar varias condicións ampliaremos o exemplo anterior supoñendo dúas probas e dúas páxinas con mensaxes de premio: a segunda proba só se mostrará unha vez superada a primeira e, cando a segunda páxina se faga visible, a primeira debe desaparecer.

O que ve o alumnado a medida que vai progresando nas probas é o seguinte:

Inicialmente só ten acceso á primeira proba, pero unha vez que a supere mostrarase a primeira páxina de premio e o acceso á segunda proba:

Só cando supere a segunda desaparecerá o primeiro premio e aparecerá o segundo:

As restricións necesarias:

- Na segunda proba (só accesible cando se supera a primeira):


- Na primeira páxina (premendo en Engadir restrición... ou en Conxunto de restricións):



Neste caso empregamos unha condición que fai referencia ao completado da actividade polo que este debe estar ben definido para a proba Autoavalíate 2 (requirir cualificación aprobatoria). No momento no que o alumnado supere esta segunda proba a primeira páxina de premio desaparecerá dado que unha das condicións impostas deixa de cumprirse.

- Na segunda páxina:




O frontal do curso mostraríase do seguinte xeito: