Stash

2. Creación e configuración de obxectos

O bloque Stash engádese activando a edición do curso e premendo en Engadir un bloque:   

Na seguinte imaxe vemos os elementos que contén:


1. A cruz permite movelo a outra posición e desde o menú da roda dentada podemos cambiar o nome do bloque.

2. Report: proporciona información aos docentes sobre os obxectos que posúe cada estudante, permitindo ademais eliminalos ou engadilos directamente á súa mochila.

3. Setup: permite crear e configurar obxectos e intercambios como se indica a continuación:

               

Configuración de Stash

3.1. Items: permite crear obxectos (items)  e mostra a lista no curso

3.2. Trade: permite configurar o intercambio de obxectos

3.3. Report: mostra a mesma información que o botón 2 da vista principal do bloque


Cando se engade un novo obxecto, accédese a unha páxina na que é posible completar os elementos seguintes:


Páxina de creación de obxectos


1. Item name: permite engadir un nome ao obxecto.

2. Scarce item: se marcamos a casiña poderemos escoller o número de obxectos deste tipo que se ofrecerán no curso. Neste caso é posible que non todos os estudantes poidan conseguilos.

3. Amount limit: establece o número de obxectos indicado no punto 2.

4. Espazo para engadir a imaxe que representa ao obxecto.

5. Gardamos e pasamos á seguinte pantalla de configuración (tamén se pode acceder a ela desde a lista de obxectos creados):


Na seguinte pantalla podemos definir a localización do obxecto como se mostra na imaxe:


1. Location: indicamos un nome que nos axude a lembrar a localización do obxecto no curso. Os estudantes non o verán.

2. Supplies: permite limitar o número de veces que o obxecto aparece nesta localización concreta.

3. Collection interval: se o obxecto aparece máis dunha vez, permite indicar o intervalo de tempo que debe pasar para que os estudantes poidan obtelo de novo.

4. Gardamos e pasamos á seguinte pantalla de configuración (tamén se pode acceder a ela desde a lista de obxectos creados):


A páxina seguinte permite escoller como se presentará o obxecto e copiar o código de inserción:


1. O menú permite escoller entre visualizar só a imaxe do obxecto, só o texto co nome ou ambos.

2. Escribimos a mensaxe que se mostra xunto co obxecto para indicar ao estudante que o recolla.

3. Snippet: código do obxecto que debemos copiar e posteriormente pegar no editor.


Un exemplo de lista de obxectos móstrase a continuación:

Lista de obxectos

1. Premendo en cada localización accedemos á pantalla de configuración da mesma, na que obtemos o código para pegar no editor.

2. A roda dentada permite acceder á ventá de creación inicial e o signo + permite engadir novas localizacións do obxecto.