
Nos últimos anos estase a producir unha mellora tanto cuantitativa coma cualitativa na dotación e na conectividade dos centros educativos.
A Comunidade Autónoma de Galicia desenvolveu por medio do Proxecto Abalar desde o curso 2010/11 un proceso de incorporación das novas tecnoloxías ao sistema educativo en todos os seus ámbitos, proceso entroncado na estratexia xeral de incorporación de Galicia á Sociedade da Información e do Coñecemento e nos seus programas transversais de desenvolvemento e promoción das tecnoloxías da información e da comunicación.
A incorporación das TIC á educación, en xeral, e aos procesos de ensino-aprendizaxe, en particular, é xa unha realidade en Galicia e móstrase como unha peza fundamental para producir o cambio metodolóxico que leve a conseguir o obxectivo dunha mellor calidade educativa.
A importancia de incluír unha estratexia dixital a través dos plans dixitais dos centros reflíctese, nos Decretos 155/2022 e 156/2022 que desenvolven respectivamente os currículos de educación primaria e de educación secundaria e tamén no resto de normativa de desenvolvemento curricular en Galicia así coma na Estratexia de Educación Dixital 2030 en Galicia.
Para acadar os obxectivos plantexados nos plans dixitais dos centros, desde a administración estase a realizar un esforzo importante cara a facilitar aos centros educativos os recursos, dispositivos e infraestruturas necesarias.
O resume destas actuación pódese observar nesta infografía:
