Hai poucos animais invertebrados?
Cando lle preguntamos a alguén por un animal, o máis frecuente é que pense en animais vertebrados: mamíferos, aves, peixes, anfibios ou réptiles. Non obstante, preto do 95% dos animais que existen no noso planeta son invertebrados. Por que entón pasan máis desapercibidos?
Os animais invertebrados habitan en lugares cos que normalmente non estamos en contacto, e outros invertebrados, son moi pequenos. En cambio, hai algunhas excepcións como a lura colosal, que pode pesar ata unha tonelada, o verme de cordón, que pode medir 55 metros, ou o cangrexo araña xigante, que ten patas duns 4 metros.