Insectos
Os insectos son o grupo máis abundante de artrópodos. As bolboretas, os saltóns e as libélulas son exemplos de insectos.
As súas principais características son:
- Teñen o corpo dividido en cabeza, tórax e abdome.
- Teñen seis patas.
- Teñen dúas antenas.
- A maioría teñen ás que lles permiten voar.
- Algúns son sociais. Isto quere dicir que forman sociedades que se dividen en grupos organizados. Cada un dos grupos ten unha función especializada e, ás veces, estruturas corporais específicas.
Arácnidos
A maioría dos arácnidos son terrestres. As arañas e os escorpións son exemplos de arácnidos.
As principais características dos arácnidos son:
- Teñen o corpo dividido en cefalotórax e abdome.
- Teñen oito patas.
Crustáceos
O lumbrigante, o cangrexo ou a nécora son exemplos de crustáceos.
As características xerais dos crustáceos son:
- A maioría son mariños.
- Teñen o corpo dividido en cefalotórax e abdome.
- Teñen antenas.
- A maioría teñen dez patas. É habitual que as patas dianteiras sexan pinzas.
Miriápodos
Os miriápodos son todos terrestres. Os cempés e os milpés son exemplos de miriápodos.
Parte das patas dalgúns artrópodos formada por dúas pezas que se moven e aproximan entre si. Teñen función prensora, é dicir, serven para suxeitar obxectos.



