Características

Características

Están presentes en hábitats moi diferentes. Hai animais invertebrados terrestres, outros son acuáticos e algúns poden voar.

A pesar desta gran diversidade, os invertebrados teñen algunhas características comúns:

  • Non teñen esqueleto interno con columna vertebral.
  • Son ovíparos, é dicir, que se reproducen por ovos.

Outras das características son:

Protección

O corpo dos animais invertebrados é brando. En ocasións, non teñen ningunha estrutura de protección no seu corpo, como é o caso das lesmas ou das medusas. E, noutras ocasións, si contan con protección, a cal pode ser en forma de:

  • Cunchas, coma no caso das ameixas.
  • Pel dura, coma no caso dos escaravellos.

Simetría

Segundo a distribución das partes do corpo, os animais invertebrados poden:

  • Ter simetría bilateral, se o corpo do animal se pode dividir en dúas metades iguais.

  • Ter simetría radial, se as partes do corpo se dispoñen arredor dun punto central, coma os radios dunha roda.

  • Ser asimétricos.

Esponxa de mar

Conxunto de ósos ou cartilaxe, presentes nos animais vertebrados.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0