Artrópodos

Tarefa

Duración:
5 minutos
Agrupamento:
Grupos de 4 alumnos

Debedes buscar en internet, alomenos 2 imaxes de animais artrópodos e describir as características principais de  cada un deles.

Características xerais

Os artrópodos son o grupo máis diverso e abundante de animais. Representan aproximadamente o 80% do total de todos os animais da Terra.

Os artrópodos teñen as seguintes características xerais:

  • Teñen un corpo articulado dividido en varias partes.
  • Teñen patas articuladas.
  • Moitos teñen antenas.
  • Posúen pel endurecida que os protexe. Para poder medrar, os artrópodos despréndense desta pel dura e forman outra. A este proceso denomínaselle muda.
  • Poden ser acuáticos, tanto de auga doce como salgada, e terrestres. Algúns poden voar.

Formado por partes que se unen entre si mediante unha unión que permite movemento.

Apéndice sensorial da cabeza dos artrópodos.

Formado por partes que se unen entre si mediante unha unión que permite movemento.

Formado por partes que se unen entre si mediante unha unión que permite movemento.

Clasificación

Os artrópodos divídense en catro grupos: insectos, arácnidos, crustáceos e miriápodos.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0