O menú de Accesorios
Tentaremos ver aquí algunha das ferramentas software agrupadas na categoría Accesorios
Accesorios básicos
- O Buscador de Aplicacións
Calquera aplicación instalada no sistema poido buscala a través desta opción sen necesidade de ter que estar a percorrer os diferentes menús do sistema; poñamos por exemplo que desexamos traballar coa aplicación Open-Sankoré , escribindo neste buscador por exemplo os caracteres "san", xa teño un resultado coma o que aparece na imaxe, onde vexo que xa aparece a aplicación desexada na terceira entrada.
Hai unha variante deste buscador que aparece premendo as teclas ALT+F2, e onde se sei o nome exacto da aplicación que quero executar (nome recoñecido por o sistema), directamente xa a executar, como nesta imaxe o Thunar, o que nos aparece a nivel usuario coma "Xestor de ficheiros"
Noutros casos coincide o nome que ten a aplicación co nome co que aparece para o usuario, por exemplo o SuperTux; de todos xeitos se a aplicación que desexo executar non aparece no resultado da busca aos caracteres que estou introducindo, premendo na flecha verde que aparece ao final da caixa de busca, vai a mostrar os resultados de busca no nome co que aparece a aplicación ao usuario.
- O Buscador de Ficheiros
Ferramenta moi útil cando non atopo os arquivos coa miña información, é un accesorio moi completo xa que me permite establecer moitos criterios de busca:
-
- Caracteres que conten o nome
- Cartafol no que buscar
- Texto que contén o arquivo
- .....
Poido ir engadindo criteros de busca premendo na opción Engadir de xeito que se van sumando os criterios que vou establecendo.
Se quero realizar unha busca en todo o disco duro tería que seleccionar na opción "Buscar no cartafol" o sistema de ficheiros que representa o meu disco.No caso de realizar a busca nun pendrive inserido no equipo, poido seleccionar nesta opción dito volume, como por exemplo na seguinte imaxe.
- O "Capturador de pantalla" e o Shutter
Son duas ferramentas moi semellantes que permiten capturar a pantalla, a xanela activa, áreas persoalizadas, menús, etc.. e poder tratalos no sistema como imaxes. Moi útiles para realizar documentacións nas que teño que basearme en ferramentas informáticas, e seguindo o dito "unha imaxe vale máis que mil palabras".
No caso concreto do Shutter, as opcións máis importantes que aparecen na barra de menús serían:
- Refacer a última captura.
- Recortar unha área persoalizada.
- Captura do escritorio completo.
- Capturar unha das xanelas que teño activas.
- Seleccionar elemento dunha xanela.
- Captura dun menú activado dende calquera aplicativo.
-Captura de suxestións, mensaxes que emerxen de determinados elementos do sistema.
Moi importante, calquera captura de pantalla que faga a teño automáticamente no portapapeis dispoñible.
En canto ao capturador de pantalla, as opcións son máis sinxelas, e permite realizar menos opcións que no Shutter
- O Clipman
Ven sendo un accesorio que recorda o historial do que vou recollendo no portapeis e me permite recuperar en calquera momento o que fun gardando.
- Notas
Accesorio cun funcionamento semellante aos "post-it" que estou acostumado a pegar con recordatorios en diversas zonas da mesa de traballo. Cando abro este accesorio escribo nel o recordatorio que desexe e logo ao pechar a xanela, queda residente na barra de menús.