Actualización do sistema e instalación de novas aplicacións
| Sitio: | Aula Virtual |
| Curso: | Introdución a Linux |
| Libro: | Actualización do sistema e instalación de novas aplicacións |
| Imprimido por: | Invitado |
| Día: | sábado, 24 de enero de 2026, 11:35 |
Descripción
Actualización do sistema e instalación de novas aplicacións
Actualizando o sistema
Para manter o software do sistema actualizado, o procedemento máis sinxelo é o seguinte:
- Acceder ao Xestor de Paquetes Synaptic que se atopa no menú sistema:
- O primeiro paso sempre é facer click en "Recargar" para actualizar as fontes dos repositorios e así poder descargar as versións máis actuais dispoñibles nos mesmos.
- Premendo na icona "Marcar todas as anovacións", indicaranos todos os paquetes que van a ser modificados, nunha xanela semellante a seguinte:
de xeito que se prememos o botón "Marcar" se pecha esta xanela e logo prememos no propio Synaptic a icona "Aplicar" se empezarán a descargar os paquetes correspondentes e a actualizar o software do sistema. Este procedemento pode ser moi longo dependendo de todos os paquetes que é preciso descargar e actualizar.
É preciso actualizar o sistema?
Algúns dos factores que nos indican que debemos ter actualizado o sistema son:
Aumentar a seguridade do sistema.
-
- Mellorar o rendemento.
- Eliminar errores de execución.
- Disminuir incompatibilidades con software e hardware.
- Mellorar bases de datos do sistema, así como tamén das suas aplicacións.
a pesar de todo isto se o sistema é totalmente funcional e non reflexa ningún tipo de problema podemos obtar por actualizar aplicacións concretas que desexemos, por exemplo imaxinemos que queremos ter actualizado o navegador Mozilla Firefox, deberíamos proceder do seguinte xeito:
- Abrir o Xestor de paquetes Synaptic
- Premer o botón "Recargar"
- No filtro de busca introducir firefox e tentar atopar o paquete correspondente ao navegador do mesmo xeito que aparece na imaxe:
Ao premer o botón dereito do rato enriba do paquete, no menú que aparece seleccionamos a opción "Marcar para anovar",
e logo xa na propia xanela do Synaptic prememos en "Aplicar"
Instalando aplicacións.
- A través do xestor de paquetes Synaptic:
- Abrimos o Synaptic
Menú de aplicativos --> Sistema --> Xestor de paquetes Synaptic
- Prememos o botón "Recargar" para que se actualicen todas as fontes dos repositorios e así descargar as versións máis actuais do sotware.
- Buscamos o software a instalar, por exemplo neste caso imos a tentar instalar un xogos educativos de lóxica, para o que introducimos no filtro a palabra education e nos resultados que aparecen seleccionamos o que aparece na imaxe:
- Unha vez seleccionado o paquete, prememos o botón dereito do rato e no menú que aparece marcamos a opción "Marcar para instalar"
- Tras o paso anterior aparecerá unha xanela na que se indicará os cambios que se van a aplicar no sistema, e para aceptar teremos que premer o botón "Marcar"
- E para rematar prememos en "Aplicar", no xestor de paquetes Synaptic, que nos indicará un resumo dos cambios que se van a facer no sistema e tras aceptar se comezará a instalar o paquete seleccionado.
- As aplicacións correspondentes xa aparecen no menú "Xogos"
- O instalador de paquetes GDebi
Non todos os programas que podemos instalar en GNU/Linux se atopan nos repositorios. En ocasións, será preciso descargar para a instalación un ficheiro coa extensión .deb que deberemos instalar de xeito manual.
Esta operación pode facerse de xeito gráfico, a través do Menú de aplicativos --> Sistema --> Instalador de paquetes GDebi ou ben de en modo consola mediante o comando dpkg
Por exemplo imos a descargar dende a seguinte url http://span-gles.uptodown.com/ubuntu unha aplicación que é un traductor de español - inglés e instalala no noso sistema:
- Automáticamente xa ao realizar a descarga o sistema nos ofrece a posibilidade de instalar a aplicación co "Instalador de paquetes GDebi"
Se directamente seleccionamos a opción de Abrir con Instalador de paquetes Gdebi, vai aparecer unha xanela semellante a seguinte na que se indica información relativa a aplicación descargada e se ofrece a posibilidade de instalar
Premendo en "Instalar paquete", tras pedir contrasinal de administrador comenza a instalación da aplicación. Unha vez rematada deberá aparecer unha mensaxe coma a seguinte:
e neste caso atoparíamos a aplicación xa totalmente funcional se accedemos ao menú Accesorios, como se pode apreciar na seguinte imaxe:
Desinstalación de aplicacións.
Para a desinstalación de calquera aplicación do sistema, instalada por calquera dos métodos vistos anteriormente (Xestor de paquetes Synaptic, ou a través do arquivo .deb), o xeito máis cómodo é a través do Synaptic seleccionando a aplicación que se desexa eliminar e marcando a opción "Marcar para retirar" do menú que aparece ao premer co botón dereito do rato, tal e como se aprecia na seguinte imaxe:
e tras premer no botón de "Aplicar", se nos advirte da operación que pretendemos realizar, e se confirmamos a operación, a aplicación é desinstalada do sistema, informando de que a operación rematou cunha mensaxe coma a seguinte.