Xestionando a nosa información no sistema

Sitio: Aula Virtual
Curso: Introdución a Linux
Libro: Xestionando a nosa información no sistema
Imprimido por: Invitado
Día: sábado, 24 de enero de 2026, 11:35

Descripción

Prentendese ver neste libro:

  • Ver as estrutura de cartafois e arquivos do sistema.
  • Traballando cos nosos arquivos.
  • Manexo dos pendrives.
  • Os distintos xestores de Arquivos (Thunar, Nautilus),...

Estrutura de arquivos e cartafois en Linux

A organización dos directorios en Linux ten unha estrutura xerárquica en forma de árbore, a partir dun directorio principal ou raíz (/) .

sistema-ficheiros

Esta estrutura é radicalmente diferente á empregada en sistemas operativos Windows, onde a cada unidade ou partición se lle asigna unha letra do alfabeto. Así, a partición na que se instala o sistema operativo recibe o nome de "C",  o CD/DVD normalmente "D", e as demáis particións ou dispositivos de almacenamento extraíbles "E", "F", "G"...

Para o que nos interesa neste momento, os directorios máis importantes son os seguintes:

  • /media: Directorio que contén os puntos de montaxe dos medios extraíbles de almacenamento, tales como Pendrives (memorias USB), lectores DVD/CD-ROM ou outras particións do disco duro. Así pois, os nosos pendrives serán accesibles por medio deste directorio.
  • /home: Directorio que contén os arquivos persoais de cada usuario (documentos, música, videos, Descargas, Escritorio, etc), de xeito similar a "Os meus Documentos" de Windows. Tamén contén os ficheiros de configuración para cada usuario. Moitos destes ficheiros de configuración son ocultos, e o seu nome comeza por un punto "."

No caso do Debian que temos instalado, e dado que o usuario por defecto é "usuario", o directorio de traballo é "/home/usuario".

Así pois, toda a información que un usuario destos equipos poida gardar no disco duro do equipo almacenarase neste directorio. Nel, o usuario "usuario" pode crear, borrar ou renomear carpetas e arquivos. Pola mesma razón, cando queira gardar un determinado arquivo só poderá facelo na ruta indicada. Isto supón unha diferencia substancial con Windows, no que os usuarios poden gardar arquivos en practicamente calquera directorio do disco duro, cos conseguintes riscos de borrado ou renomeado de arquivos de sistema.

Como excepción ao anterior, indicar que o superusuario (administrador, root) ten un directorio propio diferente da ruta sinalada. Concretamente en "/root"

Como acceder ao sistema como root dende terminal?

Os distintos xestores de ficheiros

Thunar

Nautilus

Os dous son moi parecidos e nos permiten xestionar de xeito cómodo a nosa información.

Observación: Proba a premer as teclas Ctrl +L en calquera deles.

Arquivos e cartafois ocultos

Calquera elemento (arquivo ou cartafol), que teña un nome que empece por o caracter . vai a convertirse nun elemento oculto, que en principio non vai a ser visible ante calquera listaxe da ubicación na que se atopa.

Exemplo para un arquivo:

unha vez que actualizamos a vista do cartafol actual, vemos que dito elemento xa non aparece.

O mesmo ocurre con cartafois.

Se queremos que nunha listaxe se mostren os elementos ocultos, tanto dende nautilus coma dende thunar dende o menú ver podemos habilitar a opción: "Mostrar ficheiros ocultos"

Compresión e descompresión de arquivos.

Tanto arquivos como cartafois poden ser comprimidos, coa finalidade de agrupalos e que ocupen menos espazo.

Como facelo, dende Nautilus

  • Selecciono os elementos a comprimir

  • Premendo co botón dereito do rato accedo á opción Comprimir

  • Onde logo poido seleccionar o formato de compresión (neste caso .zip), a ubicación do arquivo comprimido.

  • Para a descomprimir, podemos obtar por varias opcións as que accedemos co botón dereito do rato:
    • Dende Thunar
      aparecen as opcións "Extraer aquí" ou "Extraer en"

Por defecto dende calquera xestor de arquivos se prememos cun doble click nun arquivo comprimido nolo vai a visualizar, sen descomprimir, co File Roller, e que nos permite logo se queremos descomprimilo na ubicación que desexemos sen ningún tipo de problema.