Cambios na configuración de diversos elementos
| Sitio: | Aula Virtual |
| Curso: | Aulas kit dixital |
| Libro: | Cambios na configuración de diversos elementos |
| Imprimido por: | Invitado |
| Día: | sábado, 24 de enero de 2026, 11:35 |
Descripción
Cambios na configuración de diversos elementos
A ter en conta
Calquera das actuacións que a continuación se van a describir, requiren que nos identifiquemos como usuario root (sendo o password: toor ) dende o terminal tal como aparece na seguinte imaxe: 
Pasos:
1. Accedemos á aplicación Terminal: "Menú aplicativos - Emulador de Terminal"
2. Despois do símbolo $ escribimos su e prememos a tecla intro
3. O terminal preguntará pola Password e escribimos toor
Entón xa estamos en disposición de executar as accións que se describen nas páxinas deste libro.
Que o usuario poida bloquear o equipo.
Para evitar isto imos eliminar o autologin do equipo de xeito que sempre teñamos que introducir contrasinal para acceder ao equipo; e no caso de abandonar os equipos no cambio de clase poder deixalos bloqueados.
- Abrir un terminal e identificarse como root:
- Editar o arquivo /etc/lightdm/lightdm.conf por exemplo executando o seguinte comando:
mousepad /etc/lightdm/lightdm.conf
- Na ventá que aparece buscamos as liñas selecionadas na imaxe e as eliminamos:
-
Prememos na opción File --> Save e tras o reinicio do equipo xa observamos que pide contrasinal para accede; do mesmo xeito que si prememos en calquera das dúas opcións que aparecen nas seguintes imaxes, e logo no botón Rematar Sesión que é o que debemos facer nos cambios de clase.
Cambiar o contrasinal do usuario
- Accedemos ao terminal e executamos o comando passwd primeiro solicitará o contrasinal actual e logo deberemos introducir 2 veces o novo, por seguridade non escribe nada en pantalla.
Recomendable que o contrasinal só sexa coñecido por os profesores que imparten clase co equipo.
Dende o terminal, co usuario root tamén podemos cambiar o contrasinal do usuario co comando passwd usuario
Desactivar salvapantallas xscreensaver
E na lapela "Inicio automático de aplicacións" desmarcar a liña que aparece seleccionada na imaxe "Protector de pantalla...."
Cargar o driver ao inicio e que apareza minimizado
O driver pódese cargar como aplicación de inicio. Deste xeito o usuario non tería que cargalo cando inicie o equipo. Pero débese de ter en conta que se o driver é cargado de maneira automática pero o portátil tamén vai ser empregado con outro encerado de distinta marca comercial, con toda probabilidade dará fallos e o comportamento será inestable. Cada marca comercial ten os seus drivers e uns interfiren no traballo dos outros. No caso de que o portátil só vai ser empregado co encerado Multiclass, pódese cargar como aplicación no inicio. Para iso abrimos o xestor de configuración:



Debemos crear un atallo ao seguinte comando:
kstart --iconify --window 'IWB Driver' /usr/bin/iwbv7/IWB_Driver.sh