Compartición de cartafois.

Compartindo recursos

Queda definir os recursos a compartir, para o que accedemos ao Menú File --> Add Share , ou premer na icona +

Na lapela "Basic", establecemos os parámetros do recurso a compartir:

  • "Directory" onde indicamos o cartafol a compartir.
  • "Share Name" de xeito opcional podemos indicar aquí o nome co que vai aparecer o recurso compartido.
  • "Description" Opcional onde podemos aportar algunha descripción sobre o recurso.
  • "Writable", se marcamos esta casilla, o recurso compartirase en modo escritura, en caso contrario só lectura.
  • "Visible", é preciso marcar esta casilla para que o recurso sexa visible.

Na lapela "Access" indicamos con quen se establece a compartición do recurso.

  • Para establecer a compartición a usuarios específicos, marcamos a primeira opción "Only allow access to specific users" e especificamos os usuarios.
  • Para permitir o acceso ao recurso compartido a calquera usuario marcamos a opción "Alloy access to everyone"

Por exemplo imos a compartir o cartafol de Descargas do noso equipo, co nome "Descargas_equipo_profesor", en modo só lectura e a calquera usuario e establecendo de xeito que sexa visible.

En resumo debería quedar do seguinte xeito: