Compartición de cartafois.
Configuración de Samba
Instalación xestor gráfico para configuración de Samba
Aínda que a configuración do Samba se podería establecer editando o arquivo /etc/samba/smb.conf co fin de facilitar ao máximo a configuración do sistema para a compartición de recursos, instalaremos unha utilidade gráfica de xestión para o protocolo Samba: system-config-samba
Neste caso trátase dun paquete que non podemos atopar nos repositorios de Debian, pero podemos descargalo desde LaunchPad e instalalo por medio do xestor de paquetes GDebi.
https://launchpad.net/ubuntu/+archive/primary/+files/system-config-samba_1.2.63-0ubuntu6_all.deb
Se automáticamente non se abre o Instalador de paquetes GDebi, o abrimos, seleccionamos o paquete descargado e prememos en "Instalar Paquete"
Unha vez rematada a instalación, únicamente é preciso crear un arquivo de configuración baleiro, que o podemos facer do seguinte xeito:
- Abrimos un terminal e tecleamos su
- Introducimos o contrasinal de root
- Tecleamos o comando touch /etc/libuser.conf
A partir deste momento xa podemos empregar coa aplicación que acabamos de instalar e que podemos acceder a ela a través do Menú de Aplicativos -->Sistema --> Samba
Configuración do servidor Samba
Dende a aplicación recén instalada imos a configurar os parámetros precisos para poder compartir cartafois do xeito que máis nos interese.
Tras abrir a aplicación, o primeiro que imos a configurar son as opcións do servidor:
- Menú Preferences --> Server Settings
Na lapela Basic, establecemos o nome do grupo que permitirá establecer comunicación entre equipos Windows e Linux, e unha descripción opcional.
Na lapela Security :
-
- No modo de autenticación debería aparecer a opción "User"
- Por defecto a conta de invitado debería estar coa opción "No guest account"
2. Menú Preferencias --> Samba User
Por defecto non debería existir ningún , é preciso crear un para poder acceder aos recursos compartidos dende os equipos cliente, tendo en conta o seguinte:
-
- Os usuarios de samba deben estar ligados a usuarios reais do sistema.
- O acceso dos usuarios samba aos recursos compartidos está condicionado por os permisos dos usuarios reais do sistema; por exemplo se un usuario de samba chamado "usuariosamba", está ligado a un usuario de sistema chamado "usuario",non poderá escribir nunha carpeta compartida por samba en modo lectura e escritura se o usuario do sistema non ten permisos de escritura nela.
- Os nomes dos ususarios samba poden coincidir cos nomes dos usuarios do sistema; imos engadir neste caso un usuario de samba ao que chamaremos "usuario", de contrasinal "usuario" e que esté ligado coa conta "usuario" do sistema