Actualización do sistema e instalación de novas aplicacións

Instalando aplicacións.

  • A través do xestor de paquetes Synaptic:
    • Abrimos o Synaptic

Menú de aplicativos --> Sistema --> Xestor de paquetes Synaptic

  • Prememos o botón "Recargar" para que se actualicen todas as fontes dos repositorios e así descargar as versións máis actuais do sotware.
  • Buscamos o software a instalar, por exemplo neste caso imos a tentar instalar un xogos educativos de lóxica, para o que introducimos no filtro a palabra education e nos resultados que aparecen seleccionamos o que aparece na imaxe:

  • Unha vez seleccionado o paquete, prememos o botón dereito do rato e no menú que aparece marcamos a opción "Marcar para instalar"

  • Tras o paso anterior aparecerá unha xanela na que se indicará os cambios que se van a aplicar no sistema, e para aceptar teremos que premer o botón "Marcar"

  • E para rematar prememos en "Aplicar", no xestor de paquetes Synaptic, que nos indicará un resumo dos cambios que se van a facer no sistema e tras aceptar se comezará a instalar o paquete seleccionado.
  • As aplicacións correspondentes xa aparecen no menú "Xogos"

  • O instalador de paquetes GDebi

Non todos os programas que podemos instalar en GNU/Linux se atopan nos repositorios. En ocasións, será preciso descargar para a instalación un ficheiro coa extensión .deb que deberemos instalar de xeito manual.

Esta operación pode facerse de xeito gráfico, a través do Menú de aplicativos --> Sistema --> Instalador de paquetes GDebi ou ben de en modo consola mediante o comando dpkg

Por exemplo imos a descargar dende a seguinte url  http://span-gles.uptodown.com/ubuntu unha aplicación que é un traductor de español - inglés e instalala no noso sistema:

  • Automáticamente xa ao realizar a descarga o sistema nos ofrece a posibilidade de instalar a aplicación co "Instalador de paquetes GDebi"

Se directamente seleccionamos a opción de Abrir con Instalador de paquetes Gdebi, vai aparecer unha xanela semellante a seguinte na que se indica información relativa a aplicación descargada e se ofrece a posibilidade de instalar

Premendo en "Instalar paquete", tras pedir contrasinal de administrador comenza a instalación da aplicación. Unha vez rematada deberá aparecer unha mensaxe coma a seguinte:

e neste caso atoparíamos a aplicación xa totalmente funcional se accedemos ao menú Accesorios, como se pode apreciar na seguinte imaxe: