Actualización do sistema e instalación de novas aplicacións

Actualizando o sistema

Para manter o software do sistema actualizado, o procedemento máis sinxelo é o seguinte:

  • Acceder ao Xestor de Paquetes Synaptic que se atopa no menú sistema:

  • O primeiro paso sempre é facer click en "Recargar" para actualizar as fontes dos repositorios e así poder descargar as versións máis actuais dispoñibles nos mesmos.

  • Premendo na icona "Marcar todas as anovacións", indicaranos todos os paquetes que van a ser modificados, nunha xanela semellante a seguinte:

de xeito que se prememos o botón "Marcar" se pecha esta xanela e logo prememos no propio Synaptic a icona "Aplicar" se empezarán a descargar os paquetes correspondentes e a actualizar o software do sistema. Este procedemento pode ser moi longo dependendo de todos os paquetes que é preciso descargar e actualizar.

É preciso actualizar o sistema?

Algúns dos factores que nos indican que debemos ter actualizado o sistema son:

Aumentar a seguridade do sistema.

    • Mellorar o rendemento.
    • Eliminar errores de execución.
    • Disminuir incompatibilidades con software e hardware.
    • Mellorar bases de datos do sistema, así como tamén das suas aplicacións.

a pesar de todo isto se o sistema é totalmente funcional e non reflexa ningún tipo de problema podemos obtar por actualizar aplicacións concretas que desexemos, por exemplo imaxinemos que queremos ter actualizado o navegador Mozilla Firefox, deberíamos proceder do seguinte xeito:

    1.  Abrir o Xestor de paquetes Synaptic
    2. Premer o botón "Recargar"
    3. No filtro de busca introducir firefox e tentar atopar o paquete correspondente ao navegador do mesmo xeito que aparece na imaxe:   

 

 Ao premer o botón dereito do rato enriba do paquete, no menú que aparece seleccionamos a opción "Marcar para anovar",

e logo xa na propia xanela do Synaptic prememos en "Aplicar"