 
# O Calendario

Aínda que o calendario non é unha ferramenta de comunicación en si mesma, constitúe un elementos informativo tan importante, que podemos velo como unha ferramenta máis deste distinguido grupo.

Unha maneira de traballar con medios dixitais na aula, é dándolle prioridade aos procedementos fronte aos contidos, empregando unha boa parte da sesión na elaboración de prácticas. Os alumnos deben responder ás distintas cuestións que aparecen nas prácticas á vez que resolven as dúbidas. O docente axuda coas dificultades individuais, cos atrancos cos que se vai atopando o alumando, con axudas tipo flash para que un alumno especifico,ou con aclaracións ao gran grupo.

\marginpar[Note 1]{
     ```{r, echo=FALSE, fig.align='center', out.width = '130px'}
     knitr::include_graphics("./img/calendario5.png")
     ```    
}

O calendario pode servir para organizar prácticas que o docente vai publicando semanalmente, quincenalmente ou por unidade didáctica. O calendario axuda aos alumnos a planificar o seu traballo. Vexamos como se publican datas no calendario:

1. O primeiro que debemos facer é facer visible o bloque do calendario. Para isto, clic en Activar a edición

   ```{r, echo=FALSE, fig.align='center', out.width = '100px'}
   knitr::include_graphics("./img/activar_edicion")
   ```

1. Na columna da esquerda pinchamos en Engadir un bloque

   ```{r, echo=FALSE, fig.align='center', out.width = '150px'}
   knitr::include_graphics("./img/engadir_bloque")
   ```
    
1. Seleccionamos calendario

   ```{r, echo=FALSE, fig.align='center', out.width = '200px'}
   knitr::include_graphics("./img/bloque_calendario")
   ```

   E deste xeito xa o podemos visualizar na columna da dereita.

   ```{r, echo=FALSE, fig.align='center', out.width = '150px'}
   knitr::include_graphics("./img/calendario2")
   ```

1. Para inserir eventos no calendario pinchamos enriba do mes
    
   ```{r, echo=FALSE, fig.align='center', out.width = '150px'}
   knitr::include_graphics("./img/calendario3")
   ```

1. E  no calendario engadimos o evento. No caso de que sexa un evento individual, como pode ser un exame, pinchamos en Novo evento 

   ```{r, echo=FALSE, fig.align='center', out.width = '100px'}
   knitr::include_graphics("./img/novo_evento")
   ```
    
1. Introducimos o título e a data

   ```{r, echo=FALSE, fig.align='center', out.width = '200px'}
   knitr::include_graphics("./img/exame")
   ```

   E o alumno visualizao así:

   ```{r, echo=FALSE, fig.align='center', out.width = '200px'}
   knitr::include_graphics("./img/exame_alumno")
   ```

1. No caso de que sexa un evento que se repite ao longo do tempo, como por exemplo a entrega de prácticas, inserimos a data da primeira práctica, por exemplo o venres día 4 de Febreiro ás 23:59. Seguidamente pinchamos en Amosar máis e seleccionamos Repetir este evento e escollemos 4 repeticións semanais, por exemplo.

   ```{r, echo=FALSE, fig.align='center', out.width = '200px'}
   knitr::include_graphics("./img/practica")
   ```

   ```{r, echo=FALSE, fig.align='center', out.width = '200px'}
   knitr::include_graphics("./img/practica2")
   ```
    
   E  o alumno visualizaríao do seguinte xeito, o día 14 está programado o exame e todos os venres do     mes de febreiro debe de entregar a práctica que foi elaborando nas distintas clases e na casa.

   ```{r, echo=FALSE, fig.align='center', out.width = '200px'}
   knitr::include_graphics("./img/febreiro")
   ```

1. Tamén podemos configurar un evento que dura varios días consecutivos. Por exemplo a semana cultural do centro:
    
   ```{r, echo=FALSE, fig.align='center', out.width = '200px'}
   knitr::include_graphics("./img/semana1")
   ```

   ```{r, echo=FALSE, fig.align='center', out.width = '200px'}
   knitr::include_graphics("./img/semana2")
   ```

   Quedando o calendario do seguinte xeito:

   ```{r, echo=FALSE, fig.align='center', out.width = '200px'}
   knitr::include_graphics("./img/xaneiro")
   ```
