## Falemos

A Ferramenta falemos é outra das posibles solucións que pode empregar o profesorado do ensino galego para realizar formacións online. Trátase dunha personalización de Jitsi.

\marginpar[Note 1]{
     ```{r, echo=FALSE, fig.align='center', out.width = '100px'}
     knitr::include_graphics("./img/jitsi2.png")
     ```    
}

```{r, echo=FALSE, fig.align='center', out.width = '120px'}
knitr::include_graphics("./img/jitsi")
```

Para acceder pinchamos no seguinte enlace:

\url{https://falemos.edu.xunta.gal/}

Os docentes tan só terán que asignar un nome á reunión e pinchar en Iniciar conferencia:

```{r, echo=FALSE, fig.align='center', out.width = '200px'}
knitr::include_graphics("./img/iniciar")
```

A url que debemos facilitar ao alumnado é a combinación de https://falemos.edu.xunta.gal/ e o nome que acabamos de crear. Neste exemplo quedaría:

\url{https://falemos.edu.xunta.gal/formacion_ies}

E dámoslle permiso aos navegador para empregar a cámara e o micrófono

```{r, echo=FALSE, fig.align='center', out.width = '200px'}
knitr::include_graphics("./img/permisos")
```

Introducimos o noso nome e clic en Entrar á reunión

```{r, echo=FALSE, fig.align='center', out.width = '200px'}
knitr::include_graphics("./img/entrar")
```


E na seguinte fiestra clic en Son o anfitrión, é dicir o moderador da reunión

```{r, echo=FALSE, fig.align='center', out.width = '200px'}
knitr::include_graphics("./img/anfitrion")
```
E seguimente introducimos as credenciais edu e clic en Login

```{r, echo=FALSE, fig.align='center', out.width = '200px'}
knitr::include_graphics("./img/login")
```

É importante indicarlle ao alumnado que manteña os micrófonos apagados para que o sonido da reunión sexa da mellor calidade posible.

Para evitar que accedan á videoconferencia persoas alleas á mesma, é conveniente engadir un contrasinal. Para facer isto, pinchamos en Máis accións > Opcións de seguridade

```{r, echo=FALSE, fig.align='center', out.width = '130px'}
knitr::include_graphics("./img/seguridade")
```

E clic en Engadir contrasinal

```{r, echo=FALSE, fig.align='center', out.width = '200px'}
knitr::include_graphics("./img/engadir_contrasinal")
```

Polo tanto aos alumnos debemos de facilitarlle dúas cousas, por unha banda a url da vídeoconferencia e e pola outra, o contrasinal.

