## Webex


A Amtega chegou a un acordo con Webex.com para dar servizo de videoconferencia aos centros de ensino galego. Na actualidade ese acordo segue vixente e polo tanto é un servizo que está a disposición dos docentes e do alumnado.
\marginpar[Note 1]{
     ```{r, echo=FALSE, fig.align='center', out.width = '130px'}
     knitr::include_graphics("./img/cisco.png")
     ```    
}

   ```{r, echo=FALSE, fig.align='center', out.width = '200px'}
    knitr::include_graphics("./img/webex.jpg")
   ``` 

O docente entra na páxina: \url{https://eduxunta.webex.com}, e pincha no botón Iniciar sesión

   ```{r, echo=FALSE, fig.align='center', out.width = '200px'}
    knitr::include_graphics("./img/iniciar_sesion.png")
   ``` 
E introduce as credenciais coas que se dou de alta no servizo, estando formadas pola conta de correo electrónico corporativa edu rematada en .gal e o contrasinal (que non ten porque ser o mesmo ao empregado no correo edu). No caso de ter caducada a conta, ten que consultalo problema coa UAC.

Na páxina principal aparece a url da sala personal, que será a que teña que facilitarlle ao alumnado para establecer unha reunión nunha hora acordada.

   ```{r, echo=FALSE, fig.align='center', out.width = '300px'}
    knitr::include_graphics("./img/sala.png")
   ``` 

En xeral, o alumnado debe de ter en conta as seguintes indicacións:

1. No caso de conectarse dende teléfono móbil ou tablet deben instalar primeiro a aplicación dispoñible tanto para Android como para IOS.

    Android: \url {https://play.google.com/store/apps/details?id=com.cisco.webex.meetings&hl=es}

    IOS: \url {https://apps.apple.com/es/app/cisco-webex-meetings/id298844386}

No caso de que empreguen gnu/Linux, non precisan instalar ningún cliente xa que poden conectarse empregando o navegador habitual.

1. Cando instalen a app deben premer en permitir e a aceptar ás condicións e peticións de uso da cámara e do micro

\marginpar[Note 2]{
     ```{r, echo=FALSE, fig.align='center', out.width = '130px'}
     knitr::include_graphics("./img/camara.png")
     ```    
}

1. Ao rematar a instalación premen no enlace de acceso que lles facilitase o mestre respectando a hora da cita, polo contrario non haberá ninguén. Cando se conecte o profesor, entran directamente.

1. Cando fagan clic no móbil/tablet preguntará con que aplicación queren abrir. Deben  escoller Webex “siempre”. Unha vez feito isto pode ser que lles pida un nome (para identificalos na sala) e un correo electrónico. Se entran directamente dende a aplicación de móbil ou tablet, pide un número de reunión ou o enderezo, facilitado pola titora ou titor da reunión. 

1. Se entran dende un PC non precisan instalar nada. Ábrese unha pestana no navegador e despois dun breve instante, na parte baixa aparecerá en azul o texto “únase desde el navegador” Cun clic aí entran noutra zona na que tamén pide un nome e un correo para identificarse dentro da sala. Feito isto premen en “siguiente” e finalmente nun botón verde coa lenda “Unirse a la reunión”.

    É un bo costume poñer o nome do alumno, alumna ou familiar para que sexa fácil de recoñecer pola persoa que organice a reunión.

    Os alumnos teñen que procurar ter os micros apagados (aparece en cor vermella cando está bloqueado e en negro cando está activado) para que a persoa que dirixe poida falar e dar paso aos alumnos de maneira organizada. Cos micros abertos será moito máis difícil a comunicación.




