Tarefa 4.1. Crea unha tarefa na túa materia
Completion requirements
Antes de facer a tarefa recomendámoste que visualices o seguinte enlace.
Despois podes ver, a modo resumido, o seguinte videotitorial
Como realizar esta tarefa
- Accede ao espazo de prácticas evaformacion.edu.xunta.es e identifícate co usuario p1802015_titXX no curso que creaches con anterioridade.
- Fai click no botón "Activar edición"
- No tema 4 do teu curso, fai click en Engadir unha actividade ou un recurso, e selecciona "Tarefa", de acordo co seguinte:
- Nome da tarefa: O estilo románico
- Descrición: Redacción sobre as características do estilo románico
- Tipos de entrega: Marcar "Texto en liña" e "Entrega de ficheiros"
- Configuración de entregas: Requirir que os alumnos preman no botón de entrega: SI
- Cualificación: 10.
- Método de cualificación: Cualificación directa simple
- A continuación abre un segundo navegador diferente, identifícate como p1802015_alXX e resolve a tarefa enviando un arquivo adxunto e un texto en liña. Fai click explicitamente en entregar tarefa, para que non quede en versión borrador ou preliminar.
- No navegador anterior, identificado como profesor titor, p1802015_titXX, refresca a pantalla, Verás que o alumno p1802015_alXX enviou elementos para a súa corrección. Unha vez analizado o traballo do alumno, cualifica a tarefa con algún decimal (emprega o punto, non a coma). Podes ver o proceso completo no seguinte vídeo:
Como enviar esta tarefa despois de realizada
- Envía a URL do teu curso en evaformacion
OUTRAS PROPOSTAS DE TRABALLO:
Podes propoñer a creación de rúbricas para a corrección das tarefas:
https://www.edu.xunta.gal/centros/abalar/aulavirtual2/mod/page/view.php?id=2940