Tarefa 1.1. Accede ao espazo de prácticas e modifica o teu perfil
Completion requirements
Como realizar esta tarefa
- Abre un navegador de internet e introduce o enderezo web (URL) do espazo de prácticas:
https://evaformacion.edu.xunta.es - Identifícate coas credenciais de prácticas que te foron asignadas. Emprega o usuario p1802015_titXX (onde XX é o número asignado aos teus usuarios).
- Pulsa sobre o teu nome de usuario, que aparece na esquina superior dereita da pantalla
- No bloque de menú "Administración" que se mostra no lateral dereito, pulsa sobre a opción "Editar o perfil"
- Introduce unha imaxe que te identifique, na sección "Imaxe do usuario".
- Modifica algún dos datos que se mostran por defecto.
- Finalmente pulsa o botón "Actualizar perfil"
Como enviar esta tarefa despois de realizada
Unha vez realizada a tarefa, debes enviala para corrixir seguindo estes pasos:
- Pulsa o botón "Engadir entrega" que aparece na parte inferior desta tarefa.
- Na aula virtual de prácticas, copia a dirección URL da barra de direccións do navegador que corresponde á pantalla do perfil do teu usuario (ver imaxe inferior) e pégaa no recadro de texto que aparece aqui, en "engadir entrega".
- Finalmente pulsa o botón "Gardar os cambios".
