Inserir táboas
Ao premer no botón
da barra de ferramentas do editor HTML, ábrese unha xanela onde podemos especificar os parámetros da nova táboa: número de filas e de columnas, a largura total da táboa, medida en porcentaxe da xanela ou en píxeles. Un pouco máis abaixo, podemos establecer a aliñación da táboa no documento, a largura do bordo e os espazamento interno ou a separación entre filas e columnas.

Non é doado o traballo con táboas no editor HTML, especialmente si estamos acostumbrados a deseñalas cun procesador de textos. É moi importante deseñala ben desde o principio xa que é un pouco complicado reestruturar unha táboa xa inserida. En calquera caso, cando traballemos con táboas é moi convinte agrandar o espazo do editor premendo sobre o botón
. Deste xeito amosaránse novos botóns que facilitan en certa medida a edición das táboas.

A continuación describimos brevemente cada un dos botóns da barra de ferramentas para táboas.
![]() |
Propiedades da táboa. |
| Propiedades da fila. | |
![]() ![]() |
Engadir unha fila por riba ou por debaixo da seleccionada. |
![]() |
Borrar a fila seleccionada. |
| Dividir a fila. | |
![]() ![]() |
Engadir columna á esquerda ou á dereita da seleccionada. |
| Eliminar a columna seleccionada. | |
![]() |
Dividir a columna. |
| Propiedades da celda seleccionada. | |
![]() ![]() |
Engadir unha celda enriba ou debaixo da actual. |
![]() |
Eliminar celda. |
![]() |
Combinar celdas. |
| Dividar á celda. |










