A zona de Avisos
Requisitos de finalización
Activación da zona de avisos
Entre a zona de Destaques e a zona de Novas é posible habilitar unha nova zona, denominada Zona de Avisos.
Un aviso non é máis que un contido de tipo páxina básica promocionado á páxina principal. Unicamente os usuarios do rol editor principal poden publicar Avisos (promocionar páxinas básicas á páxina principal).
Os avisos na páxina principal amosarán o título completo e o corpo recortado a un máximo de 200 caracteres.
Premendo sobre cada aviso accederase ao contido completo.

👉 Visualización por defecto dos avisos segundo o dispositivo
- Visualización en ordenador: máximo de 3 avisos por fila, con paxinación.
- Visualización en dispositivo móbil: máximo de 2 avisos por fila, con paxinación.
👉 Cando empregar a zona de Avisos
- A zona de avisos non é visible se non existen páxinas básicas promocionadas á páxina principal. Os centros educativos poden habilitala simplemente promocionando unha páxina básica á páxina principal.
- Na maioría dos centros será suficiente cos destaques e a zona de novas para a actualidade do centro, de xeito que non sexa necesario establecer máis distincións. Porén, a zona de avisos permite establecer unha nova zona de publicación independente na páxina principal do sitio, con información relevante que o centro decida publicitar de xeito separado.
- Se non aparece a zona de avisos no teu sitio web existindo contidos de tipo páxina básica promocionados á páxina principal, contacta coa persoa asesora Abalar de zona do teu centro.
Última modificación: miércoles, 11 de marzo de 2026, 09:45