O menú de navegación principal do sitio web
Requisitos do completado
O menú de navegación principal do sitio web
![]()
O menú de navegación principal incorpora unha serie de elementos que, segundo a configuración, poden actuar como hipervínculos e/ou elementos despregables, proporcionando así acceso directo a diferentes apartados do sitio web ou a enlaces externos.
- O enlace Inicio, ao igual que o logo, leva a páxina principal do sitio.
- Os elementos despregables identifícanse de xeito sinxelo por incorporar un pequeno cursor ou frecha no lado dereito do texto.
- Os elementos do menú de navegación principal poden ser ligazóns estáticas, apuntando a unha determinada URL, ou termos de taxonomías, o que permite "clasificar" contidos que teñan a mesma etiqueta e amosalos deste xeito no menú de navegación principal.
Neste apartado explicarase como crear elementos de menús estáticos, deixando os termos de taxonomías asociados a menús para o apartado relativo ás taxonomías.
Creación de elementos de menú estáticos no menú de navegación principal
- Xestionar > Estrutura > Menús > Navegación principal.
- Amosarase a estrutura xerárquica dos elementos de menú xa creados no menú de navegación principal.
- É importante observar a correspondencia entre cada un dos elementos despregables do menú de navegación principal e a estrutura xerárquica que se está a visualizar:
- A imaxe amosa o elemento despregable O centro, con 4 elementos: Datos de contacto, Documentos, Localización e Organigrama, todos eles visibles no despregable do menú ao ter activado o check da caixa de verificación.
- Desmarcando o check anterior e gardando os cambios deixarase de visualizar o elemento correspondente no despregable.

- Para engadir unha nova entrada de primeiro nivel no menú de navegación principal, premer en +Engadir enlace.
- Título da ligazón do menú: Texto que se amosará aos usuarios.
- Ligazón: Especificar a URL á que apuntará o elemento creado.
- Pódese especificar <nolink> para que non enlace directamente con ningún contido, actuando unicamente como un elemento despregable.
- Activado: Especifica se o elemento será visible no menú de navegación principal (caixa de verificación anterior).
- Atributos > Link target: permite abrir o contido na mesma ou nunha nova ventá. (Indiferente se en Ligazón se seleccionou <nolink>).
- Enlace Pai (Parent link): Permite especificar o elemento xerárquico superior no despregable. No caso de elementos de primeiro nivel no menú: <Navegación principal>
- Gardar os cambios.


- Para engadir unha entrada de segundo nivel no menú de navegación principal, premer en +Engadir enlace
- Título da ligazón do menú: EspazoAbalar.
- Ligazón: https://espazoabalar.edu.xunta.gal/
- Activado: Si
- Atributos > Link target: Abrir nunha nova ventá
- Enlace pai (Parent link): Seleccionar o elemento de primeiro nivel do que dependerá o elemento creado: --Enlaces de interese
- Gardar

👉 Nomenclatura dos elementos de menú en Drupal. Estrutura xerárquica
- Os nomes de menú en Drupal van encerrados entre os símbolos menor e maior (< e >). Por exemplo, o menú de navegación principal referénciase sempre como <Navegación principal>.
- Os elementos de menú de primeiro nivel, que polo tanto sempre aparecen visibles no menú de navegación principal (agás que foran desactivados), referéncianse cun dobre guión: --. Por exemplo, -- Enlaces de interese
- Os elementos de menú de segundo nivel referéncianse con catro guións: ----, os de terceiro nivel con seis guións: ------ e así sucesivamante (por cada nivel, un dobre guión).
- Pódese reordenar a orde de aparición dos elementos de menú simplemente arrastrando o elemento arriba ou abaixo, ou hacia á esquerda ou dereita, definindo deste xeito a estrutura xerárquica do menú despregable. Alternativamente, pódese tamén editar un elemento de menú concreto e cambiar o seu Enlace pai (parent link).
Última modificación: venres, 23 de xaneiro de 2026, 9:10 PM