O menú de navegación principal do sitio web


navegación

O menú de navegación principal incorpora unha serie de elementos que, segundo a configuración, poden actuar como hipervínculos e/ou elementos despregables, proporcionando así acceso directo a diferentes apartados do sitio web ou a enlaces externos.

  • O enlace Inicio, ao igual que o logo, leva a páxina principal do sitio.
  • Os elementos despregables identifícanse de xeito sinxelo por incorporar un pequeno cursor ou frecha no lado dereito do texto.
  • Os elementos do menú de navegación principal  poden ser ligazóns estáticas, apuntando a unha determinada URL, ou termos de taxonomías, o que permite "clasificar" contidos que teñan a mesma etiqueta e amosalos deste xeito no menú de navegación principal.

Neste apartado explicarase como crear elementos de menús estáticos, deixando os termos de taxonomías asociados a menús para o apartado relativo ás taxonomías.


Creación de elementos de menú estáticos no menú de navegación principal


  • Xestionar > Estrutura > Menús > Navegación principal.
    • Amosarase a estrutura xerárquica dos elementos de menú xa creados no menú de navegación principal.
    • É importante observar a correspondencia entre cada un dos elementos despregables do menú de navegación principal e a estrutura xerárquica que se está a visualizar:
      • A imaxe amosa o elemento despregable O centro, con 4 elementos: Datos de contacto, Documentos, Localización e Organigrama, todos eles visibles no despregable do menú ao ter activado o check da caixa de verificación.
      • Desmarcando o check anterior e gardando os cambios deixarase de visualizar o elemento correspondente no despregable.

O centro menú


  • Para engadir unha nova entrada de primeiro nivel no menú de navegación principal, premer en +Engadir enlace.
    • Título da ligazón do menú: Texto que se amosará aos usuarios.
    • Ligazón: Especificar a URL á que apuntará o elemento creado.
      • Pódese especificar <nolink> para que non enlace directamente con ningún contido, actuando unicamente como un elemento despregable.
    • Activado: Especifica se o elemento será visible no menú de navegación principal (caixa de verificación anterior).
    • Atributos > Link target: permite abrir o contido na mesma ou nunha nova ventá. (Indiferente se en Ligazón se seleccionou <nolink>).
    • Enlace Pai (Parent link): Permite especificar o elemento xerárquico superior no despregable. No caso de elementos de primeiro nivel no menú: <Navegación principal>
    • Gardar os cambios.

menú


navegacion principal pai

  • Para engadir unha entrada de segundo nivel no menú de navegación principal, premer en +Engadir enlace
    • Título da ligazón do menú: EspazoAbalar.
    • Ligazón: https://espazoabalar.edu.xunta.gal/
    • Activado: Si
    • Atributos > Link target: Abrir nunha nova ventá
    • Enlace pai (Parent link): Seleccionar o elemento de primeiro nivel do que dependerá o elemento creado: --Enlaces de interese
    • Gardar


Os elementos creados serán visibles no menú de navegación principal.


resultado menú


👉 Nomenclatura dos elementos de menú en Drupal. Estrutura xerárquica
  • Os nomes de menú en Drupal van encerrados entre os símbolos menor e maior (< e >). Por exemplo, o menú de navegación principal referénciase sempre como <Navegación principal>.
  • Os elementos de menú de primeiro nivel, que polo tanto sempre aparecen visibles no menú de navegación principal (agás que foran desactivados), referéncianse cun dobre guión: --. Por exemplo, -- Enlaces de interese
  • Os elementos de menú de segundo nivel referéncianse con catro guións: ----, os de terceiro nivel con seis guións: ------ e así sucesivamante (por cada nivel, un dobre guión).
  • Pódese reordenar a orde de aparición dos elementos de menú simplemente arrastrando o elemento arriba ou abaixo, ou hacia á esquerda ou dereita, definindo deste xeito a estrutura xerárquica do menú despregable. Alternativamente, pódese tamén editar un elemento de menú concreto e cambiar o seu Enlace pai (parent link).
Última modificación: viernes, 23 de enero de 2026, 21:10