O módulo Access by taxonomy


O módulo Access by taxonomy permite restrinxir, previa configuración por rol ou usuarios concretos, o acceso a nodos vinculados a termos de taxonomía especificados.


Configuración do acceso por termos de taxonomía


A continuación amosaranse os pasos de configuración para restrinxir a visibilidade a usuarios anónimos do contido vinculado a un determinado vocabulario de taxonomía. A modo de exemplo, empregarase o vocabulario de taxonomía Biblioteca, cos termos Información Xeral e Actividades.

  • Xestionar > Estrutura > Taxonomía.
  • Premer en Lista de termos para a taxonomía Biblioteca.

Biblioteca

  • Para cada un dos termos da taxonomía Biblioteca, premer en Editar

termos da biblio

  • A seguinte imaxe amosa a configuración para o termo Actividades

Configuración

  • Gardar.
  • Comprobar o resultado tratando de acceder como usuario anónimo: Acceso denegado.



Last modified: Friday, 23 January 2026, 9:23 PM