Creación dun contido con lapelas (Paragraphs)


A continuación detállase o procedemento de creación dun contido con lapelas empregando o campo paragraphs. Neste caso crearase un contido de tipo páxina básica, pero o proceso sería o mesmo para calquera tipo de contido que teña habilitado o campo Paragraphs.

  • Xestionar > Contido > Agregar contido > Páxina básica
  • Título: Especificar o título desexado para o contido.
  • Opcionalmente engadir:
    • Taxonomía
    • Corpo
    • Adxunto (arquivos adxuntos)
  • Paragraphs > Engadir Paragraph: Despregarase a relación de posibles modelos de parágrafos a incorporar. 
  • Seleccionar Lapelas

lapelas


  • Despregarase unha ventá de configuración para o campo Paragraphs, con 2 lapelas: Contido*  e Visualización.


Contido* (Primeira lapela)


  • Título (da lapela): Opcional, recoméndase deixalo en branco.
  • Tab Section* (son as distintas lapelas):
    • Tab Name Section*: O texto que aparecerá na lapela
    • Tab Body Section > Engadir Tab Body Section: Pódese engadir calquera tipo de paragraphs como corpo da lapela. O tipo Simple permite engadir contido mediante un editor HTML.



    • Sen facer ningún cambio máis, premer en Gardar. O contido visualizarase do seguinte xeito:


    • A continuación procederase a dar formato á lapela creada para que teña un resultado máis estético.



    👉 Recomendación
    • É aconsellable definir a primeira lapela e darlle o formato desexado en Visualización. Deste xeito, poderanse engadir as restantes lapelas dun xeito máis cómodo simplemente duplicando a primeira e cambiando o título é o texto engadido, sen necesidade de dar formato a cada unha delas por separado.



    Visualización (primeira lapela)


    • Configurar a Visualización da primeira lapela, con fondo branco e padding de 8px (ver imaxe)



    • Gardar o contido. Cos cambios propostos o resultado sería o seguinte, co título da lapela en cor gris e o corpo da mesma en cor branca:



    • Para unificar as cores do título e corpo en cor branca e engadir outros cambios que contribúan á mellora estética do conxunto, realizar o seguintes cambios na Visualización (ver imaxe):


    lapelas



    • Gardar o contido. Cos cambios anteriores o resultado é o seguinte:




    Creación do resto de lapelas coa visualización xa configurada


    • Unha vez conformes co resultado da visualización, simplemente será necesario duplicar a primeira lapela tantas veces como sexa necesario: 


    • Só restará editar o nome da lapela (Tab Name Section*) e o corpo (Tab Body Section) para cada unha das lapelas duplicadas.
    • Unha vez gardados os cambios, o resultado final sería o seguinte:    



    👉 Lapelas en vertical
    • Para configurar as lapelas en vertical, simplemente marcar o check  Solapas verticais. O resultado veríase así:

    verticais

    Última modificación: martes, 3 de febrero de 2026, 12:50