Que é unha páxina protexida por contrasinal?


En ocasións pode ser necesario publicar un contido na web de xeito que adicionalmente ás posibles restricións de acceso establecidas polos permisos dos roles sexa necesario a introdución dun contrasinal para a súa visualización.

Deste xeito, estes contidos publicados só serán accesibles polos usuarios que coñezan o contrasinal asignado para a súa visualización.


Protexer un contido creado previamente mediante contrasinal


  • Xestionar > Configuración > Sistema > Protected Pages (Páxinas protexidas):


  • Na pantalla que se amosa, premer no botón +Add Protected Page (Engadir páxina protexida)


  • Na seguinte páxina engadir:
    • Relative path: A URL relativa do contido a protexer.
    • Contrasinal: O contrasinal establecido.
    • Admin Title: De xeito opcional, un título para identificar a páxina protexida. 

 

  • Unha vez gardado, ao tratar de acceder ao contido protexido amosarase o seguinte: Acceso denegado



Como se pode apreciar na imaxe anterior, non se amosa ningunha posibilidade de engadir o contrasinal. Será necesario establecer os permisos axeitados.


Configuración de permisos de acceso a páxinas protexidas por contrasinal


  • Xestionar > Persoas > Permisos  > Protected pages > Access protected page password screen (Acceder á pantalla de protección da páxina por contrasinal) 
    • A seguinte imaxe amosa o permiso a activar para os roles que se establezan. Neste caso, usuario anónimo e autenticado.


  • Unha vez activado o permiso anterior e gardados os cambios,  ao tratar de acceder ao contido protexido amosarase a seguinte pantalla para a introdución do contrasinal. Premendo no botón Authenticate accederase ao contido.


  • Cando xa está engadido un contido protexido pódese editar, borrar (con Remove Password) ou enviar unha mensaxe aos usuarios aos que se lle quere dar acceso a ese contido, premendo en Send E-mail


  • O permiso Bypass pages password protection permite que un determinado rol se salte o contrasinal. (Por exemplo, se temos un contido protexido pero queremos que os usuarios dun certo rol podan acceder a el sen ter que escribir o contrasinal).
  • O permiso Access protected pages configuration screen permite establecer os roles que poderán crear páxinas protexidas.


👉 Páxinas protexidas por contrasinal: permisos e roles
  • Os usuarios co rol editor principal do sitio web poden crear e xestionar páxinas protexidas por contrasinal
Última modificación: venres, 23 de xaneiro de 2026, 9:22 PM