Páxinas protexidas por contrasinal
Completion requirements
Que é unha páxina protexida por contrasinal?
En ocasións pode ser necesario publicar un contido na web de xeito que adicionalmente ás posibles restricións de acceso establecidas polos permisos dos roles sexa necesario a introdución dun contrasinal para a súa visualización.
Deste xeito, estes contidos publicados só serán accesibles polos usuarios que coñezan o contrasinal asignado para a súa visualización.
Protexer un contido creado previamente mediante contrasinal
- Xestionar > Configuración > Sistema > Protected Pages (Páxinas protexidas):

- Na pantalla que se amosa, premer no botón +Add Protected Page (Engadir páxina protexida)

- Na seguinte páxina engadir:
- Relative path*: A URL relativa do contido a protexer.
- Contrasinal*/Confirmar o contrasinal*: O contrasinal establecido.
- Admin Title: De xeito opcional, un título para identificar a páxina protexida.
- Unha vez gardados os cambios, ao tratar de acceder ao contido protexido amosarase a seguinte pantalla para a introdución do contrasinal. Premendo no botón Authenticate accederase ao contido.

- Os contidos protexidos pódense editar, desprotexer (Remove Password) ou enviar unha mensaxe aos usuarios aos que se lle quere dar acceso (Send E-mail).

👉 Páxinas protexidas por contrasinal: permisos e roles
- Os usuarios co rol editor principal do sitio web poden crear e xestionar páxinas protexidas por contrasinal
No apartado Axustes é importante axustar o valor Sessión expire time* = 1 minuto.
- Deste xeito, se transcorre máis de 1 minuto desde a introdución do contrasinal e se trata de acceder novamente ao contido, volverase a solicitar novamente a introdución do mesmo. (Un valor 0 só pediría o contrasinal no primeiro acceso ao contido).

Last modified: Monday, 16 March 2026, 12:36 PM