Contidos de tipo Evento
A creación dun contido de tipo evento é moi similar ao visto para os contidos de tipo páxina, coa particularidade de que o evento xerado reflectirase automaticamente no calendario.
Os eventos teñen unha data de comezo e unha duración por defecto de 50 minutos que se pode personalizar. Deste xeito, os días do calendario nos que haxa eventos publicados aparecerán destacados e actuarán como hipervínculos á propia información do contido (título e corpo do evento).
Ademais, por defecto, aparece a data e hora actual que hai que modificar.
Se o evento vaise repetir, están as seguintes opcións:

Marcando algunha opción en Repítese, amosarase unha lapela de Avanzado na que teremos máis opcións.

Na seguinte imaxe podemos ver a ficha de creación dun contido tipo evento:

É posible obter vistas diarias, semanais, mensuais ou en formato táboa (Axenda) dos eventos do calendario:
- A vista de Axenda sería esta: