O tema corporativo SOLO Amtega
Completion requirements
Apariencia: o tema SOLO Amtega
Os temas en Drupal definen o aspecto a efectos de visualización dos contidos do sitio web.
O deseño do novo modelo de sitio web para centros educativos con Drupal 10 axústase de xeito rigoroso ás esixencias do manual de identidade corporativa para centros educativos de Galicia e ás directrices da Oficina de Coordinación Web da AMTEGA, proporcionando así un aspecto máis institucional aos sitios web dos centros educativos:
- Un tema único e accesible para todos os centros educativos.
- Emprego de cores corporativas.
- Tipo de letra: Xunta Sans.
👉 Os temas na nova versión de Drupal do proxecto Webs Dinámicas:
- O tema por defecto empregado na nova versión é SOLO AMTEGA, unha versión personalizada do tema SOLO desenvolvido por Alaa Haddad.
- O tema empregado para labores de administración é Gin.
- En ningún caso se recomenda cambiar os temas anteriores.
Personalización do tema por defecto (SOLO Amtega)
- Xestionar > Apariencia
- Desplegarase a información relativa aos temas instalados no sitio web
- Pódese observar que o tema predefinido é Solo Amtega porque non ten a opción de Establecer como predeterminado como o resto de temas instalados.
- Ao final da páxina amósase o tema establecido para administración (Gin)

- Premer en Axustes do tema Solo Amtega

- Abrirase unha ventá de configuración do tema elixido. (Alternativamente pode accederse directamente desde o menú despregable Xestionar > Apariencia > Axustes > SOLO Amtega)
- A lapela Configuración global establece parámetros de configuración por defecto para todos os temas instalados no sitio web:
- Na lapela específica de cada tema poden especificarse parámetros diferentes sobre os mesmos aspectos, que terán prioridade sobre os valores establecidos na configuración global.
- Por outra banda, se a configuración específica do tema non define ningún valor nalgún dos parámetros, tomarase por defecto o valor establecido na configuración global para todos os temas.
- A lapela Configuración global establece parámetros de configuración por defecto para todos os temas instalados no sitio web:

Cambio do logotipo
- No apartado Logo image, seleccionar a imaxe en Cargar a imaxe do logotipo, premendo no botón Navegar...

- Gardar a configuración (na parte inferior da páxina).
Cambio do favicon
- No apartado Favicon, desmarcar a opción Use o favicon que lle proporciona o tema
![]()
- Seleccionar a imaxe en Upload favicon image, premendo no botón Navegar...
![]()
- Gardar a configuración (na parte inferior da páxina).
Iconas de redes sociais
- No apartado Social Media Links Settings Solo Theme, temos varias posibles configuracións:
- Configuración xeral:
- The size of the social media icons can be altered from here: Escoller o tamaño das iconas das redes sociais (pequeno, mediando ou grande)
- Change Social Media Default Colors: Cambiar a cor por defecto das iconas de redes sociais
- Show Social Icons: Activar/desactivar a visualización das iconas de redes sociais
- Configuración xeral:

- Social Platform Links: Simplemente escribindo a URL en cada rede social (non deixando ao cadro en branco) aparecerá automaticamente a icona asociada á devandita rede social.
- Gardar a configuración (na parte inferior da páxina).
Configuración global dos temas
- Visualización de elementos da páxina: Permite especificar diferentes elementos que se visualizarán na páxina.
-
- Logo image: Permite establecer un logotipo por defecto para o sitio, que normalmente enlaza coa páxina principal do mesmo.
- Favicon: O favicon é a imaxe que aparece na barra de direccións do navegador, ao principio da URL da nosa web, que serve para identificala de xeito máis doado en caso de ter varias lapelas abertas ou en caso de consulta do historial. Debe ser unha imaxe en formato ICO, PNG ou GIF de 16x16 píxeles. Configúrase de xeito similar ao logotipo.
-
- Gardar a configuración para que se fagan efectivos os cambios.
Last modified: Friday, 23 January 2026, 9:13 PM