Temas
Temas.
Os temas son os compoñentes de Drupal que dan aspecto e estrutura física á web. No proxecto Webs Dinámicas contamos cun pequeno conxunto de plantillas instaladas dispoñibles para usalas nas webs do centros. Ao igual que pasaba cos módulos hai algunhas que pertencen ao núcleo de Drupal e outras contributivas desenvolvidas pola comunidade de software libre, pero neste caso non existe unha diferenciación funcional entre unhas e outras.
En Drupal é posible configurar e utilizar a un tempo varias plantillas. Alomenos utilizaremos unha plantilla, que configuraremos como plantilla por defecto e na que activaremos os bloques que queramos ter visibles na web. Normalmente utilizaremos unha segunda plantilla para as páxinas de administración (ruta /admin) que se recomenda sexa a Gin (ou Claro). Pero podemos activar e configurar un conxunto maior de plantillas para amosar distintas partes da web con distinto aspecto e contido ou para que cada usuario elixa a que desexe.
Para poder configurar unha plantilla debemos instalala primeiro.
Administración de temas.
Accedemos ao formulario de administración dos temas na ruta: Apariencia
Pódese observar que o tema predefinido é Solo Amtega 1.0.17 porque non ten a opción de Establecer como predeterminado como o resto de temas que temos instalados.
Ao final da páxina amósase a opción para o tema de adminitración
En cada un dos temas instalados podemos ir a axustes e configuralos aínda que non sexan visibles. Ao premer en Axustes levanos a unha ventá de configuración do tema, que será diferente segundo o tema elexido. Cada lapela corresponde á configuración de cada un dos temas.
Tamén podemos chegar ao mesmo sitio desde Apariencia > Axustes
Configurar plantillas:
Temos dous tipos de configuracións:
- Configuración global. Na ruta Apariencia> Axustes, en Configuración global, temos un formulario no que podemos configurar certos parámetros por defecto para tódalas plantillas activas. Así, si unha plantilla concreta non ten configurado un valor concreto para un destes parámetros, aplicaráselle o valor configurado nesta configuración global. Neste fomulario temos as seguintes seccións con parámetros:
- Visualización de elementos da páxina. Permite marcar varios elementos que queramos se visualicen na páxina.
-
- Logo image. Permite cargar e establecer un logotipo por defecto para o sitio. Pero tamén se pode personalizar para cada un dos temas
- Opcións de iconos de acceso rápido (favicon). O favicon e a imaxe que aparece na barra de dirección do navegador de Internet ao principio da URL da nosa web e que serve para identificar máis fácilmente a nosa web no listado de historial do navegador. Debe ser unha imaxe en formato ICO, PNG ou GIF de 16x16 píxeles. Configúrase de xeito idéntico ao logotipo.
-
- Gardar a configuarción para que se fagan efectivos os cambios.
- Axustes do tema. Para acceder á configuración particular dun tema temos dúas opcións: ou ben no listado de temas premer no enlace Axustes do tema concreto, ou ben, en Apariencia > Axustes premer na lapela correspondente ao nome da plantilla particular. Os formularios de configuración dun tema particular son moi diferentes, dependendo do grado de persoalización que teñan. Dos instalados os que máis opcións ten son os tema derivados de Solo theme.