Información do sitio
Completion requirements
Ruta: Configuración > Sistema > Configuración básica do sitio (Basic site settings)
Permite acceder ás opcións básicas referidas á información xeral da páxina: nome do sitio, enderezo de correo electrónico, eslogan, páxina de inicio e páxinas de erro.

- Nome do sitio: amosarase no encabezado da nosa páxina. Con carácter xeral, corresponderá ao nome do centro educativo.
- Eslogan: campo opcional empregado como lema do sitio web. A súa visualización depende do tema empregado. Con carácter xeral visualizarase baixo o nome do sitio.
- Enderezo de correo electrónico: enderezo de correo electrónico do centro. A este enderezo chegarán as notificacións de sistema. É importante que sexa unha conta corporativa (***@edu.xunta.gal) xa que, por motivos de seguridade, os servidores da Consellería non envían correos electrónicos a dominios que non sexan "edu.xunta.gal".
Por defecto o nome e o logo do sitio web son visibles. A visibilidade do nome do sitio, eslogan e logo pode configurarse en Estrutura > Block layout
- Localizar na rexión Encabezado o bloque Site branding marcando os elementos que se desexa sexan visibles:
- Gardar o bloque.
- Páxina de inicio: permite a configuración da páxina de inicio por defecto. Recoméndase node
- Páxinas de erro:
- Páxina 403 (acceso denegado) predefinida: Esta páxina amósase cando o documento solicitado non é accesible polo usuario actual. En caso de non especificar nada, amosarase unha páxina xenérica de "acceso denegado".
- Páxina predeterminada 404 (non se atopa): Esta páxina amósase cando ningún contido corresponde coa dirección solicitada. En caso de non especificar nada, amosarase unha páxina xenérica de "páxina non atopada".
NOTA: Observar que o nome do sitio aparece tamén na esquina dereita do pé de páxina.
Last modified: Tuesday, 23 September 2025, 1:26 PM