Nesta sección crearase un novo tipo de contido chamado Destaque que se usará máis adiante para crear unha vista chamada Destaques que amosará un Slide de imaxes na páxina principal.

Crear novo tipo de contido.

  • Desde Estrutura > Tipos de contido > Engadir un tipo de contido.

    • Poñer Nome e Descrición                                                 

e premer en Gardar e xestionar campos.

  • En Administrar campos, o campo Body crease por defecto, non fai falta engadilo.
    • Engadir un campo Imaxe reutilizando un campo xa existente. 
    • Na xanela que se abre filtrar por imaxe e premer no botón Re-use do campo field_image:

   

    • En Configuración de Imaxe para Destaque:
      • Etiqueta: Imaxe
      • En Imaxe predeterminada pódese seleccionar unha imaxe que será a que se amose en caso de non engadir ningunha.
      • En Número de valores permitidos deixar por defecto en Limitado > 1
      • En Dimensións máximas da imaxe e Dimensións mínimas da imaxe poñer o mesmo valor para que a súa visualización sexa uniforme. Neste caso 1200 x 400 px.
      • O resto de opcións deixanse por defecto.
      • Gardar os axustes.

  • Xestionar a presentación do formulario. Se o novo campo aparece en Desactivados, colocalo na parte de arriba na posición desexada. Neste caso debaixo do Título.

  • Xestionar a visualizaciónSe o novo campo aparece en Desactivados, colocalo na parte de arriba na posición desexada. Neste caso encima do Corpo.
  • En Opcións de presentación personalizada marcar os modos de visualización que se desexa ter, en principio marcar Contido completo e Resumo.

Pódese pesonalizar a visualización en cada un dos modos. Para este caso deixar as opcións por defecto:

A Etiqueta do campo Imaxe márcase como - Oculto - para que non se amose. 

Pódese configurar o formato de visualización da imaxe premendo na icona que nos abre as seguintes opcións:

    • En Estilo de imaxe seleccionase o estilo desexado (para este caso o que se ve na imaxe). 
    • En Vincular imaxe a, escoller Contido para que ao premer enriba da imaxe nos leve ao contido.
    • En Image loading deixar por defecto.
    • Premer en Actualizar.

Se se desexa unha visualización distinta para Contido completo e Resumo teríase que facer o mesmo para cada modo.

  • Poderíase engadir o campo de taxonomía se se quere que este tipo de contido se categorize. Neste caso non se fai.
Last modified: Monday, 1 December 2025, 11:39 AM