Elementos multimedia en Drupal


En Drupal pódense inserir 5 tipos de medios distintos no corpo dun contido a través do propio editor HTML, 4 mediante a subida de ficheiros e 1 mediante URL:

  • Imaxe (Tipos de ficheiros permitidos: png gif jpg jpeg)
  • Audio (Tipos de ficheiros permitidos: mp3 wav aac)
  • Documento (Tipos de ficheiros permitidos: txt rtf doc docx ppt pptx xls xlsx pdf odf odg odp ods odt ...)
  • Vídeo (Tipos de ficheiros permitidos: mp4)
  • Vídeo remoto (Provedores web permitidos: YouTube, Vimeo)



Inserción de ficheiros multimedia no corpo dun contido 


  • Situar o cursor no lugar do texto no que se desexa inserir o medio e premer no botón Insert media (Inserir medio).



  • Premer no tipo de medio desexado. Pódese subir un novo ficheiro mediante a opción Seleccionar arquivo.



  • No caso de querer reutilizar un ficheiro media previamente subido ao servidor, simplemente habería que localizalo na biblioteca de elementos media da parte inferior da páxina, seleccionalo e premer en Insert selected.

Escoller medio existente


  • Unha vez inserido o medio, existen varias posibilidades de axuste xa explicadas nun apartado anterior:
    • Activar/desactivar subtítulo
    • Crear/editar ligazón
    • Axuste co texto.
    • Engadir parágrafo antes.
    • Engadir parágrafo despois.

Ferramentas do medio


👉 Vantaxes de empregar contidos multimedia 
  • Os arquivos subidos como media ao sitio web pasan a formar parte dunha bilioteca de ficheiros multimedia no servidor, de xeito que poden ser reutilizados directamente por outros contidos sen necesidade de subilos de xeito repetido.
    • Así pois, a principal diferencia entre un fichero media de tipo imaxe e un ficheiro de imaxe subido directamente a través do editor HTML mediante a icona "Enviar imaxe desde o computador", é que no segundo caso sería necesario subir de novo o arquivo ao servidor, en caso de querer empregar a mesma imaxe noutro contido, duplicando así o espazo de almacenamento. 
  • A biblioteca de ficheiros media subidos ao sitio web pódese consultar na ruta Xestionar > Contido > Medios.
  • A inserción de ficheiros media de tipo audio ou vídeo incorporan de xeito automático un reproductor no corpo do contido. 
  • A inserción de ficheiros media de tipo documento creará unha ligazón ao arquivo no corpo do contido. 



Inserción dun vídeo remoto no corpo dun contido 


  • A inserción directa de vídeos remotos só é posible desde provedores compatibles (Youtube e Vimeo), premendo no botón Inserir elemento multimedia


  • Abrirase unha xanela na que será preciso introducir a URL do vídeo.
  • Premendo no botón Insert, o vídeo amosarase a pantalla completa.


Última modificación: mércores, 4 de febreiro de 2026, 4:53 PM