Inserción de elementos multimedia no corpo do contido
Completion requirements
Elementos multimedia en Drupal
En Drupal pódense inserir 5 tipos de medios distintos no corpo dun contido a través do propio editor HTML, 4 mediante a subida de ficheiros e 1 mediante URL:
- Imaxe (Tipos de ficheiros permitidos: png gif jpg jpeg)
- Audio (Tipos de ficheiros permitidos: mp3 wav aac)
- Documento (Tipos de ficheiros permitidos: txt rtf doc docx ppt pptx xls xlsx pdf odf odg odp ods odt ...)
- Vídeo (Tipos de ficheiros permitidos: mp4)
- Vídeo remoto (Provedores web permitidos: YouTube, Vimeo)
Inserción de ficheiros multimedia no corpo dun contido
- Situar o cursor no lugar do texto no que se desexa inserir o medio e premer no botón Insert media (Inserir medio).

- Premer no tipo de medio desexado. Pódese subir un novo ficheiro mediante a opción Seleccionar arquivo.

- No caso de querer reutilizar un ficheiro media previamente subido ao servidor, simplemente habería que localizalo na biblioteca de elementos media da parte inferior da páxina, seleccionalo e premer en Insert selected.

- Unha vez inserido o medio, existen varias posibilidades de axuste xa explicadas nun apartado anterior:
- Activar/desactivar subtítulo
- Crear/editar ligazón
- Axuste co texto.
- Engadir parágrafo antes.
- Engadir parágrafo despois.

👉 Vantaxes de empregar contidos multimedia
- Os arquivos subidos como media ao sitio web pasan a formar parte dunha bilioteca de ficheiros multimedia no servidor, de xeito que poden ser reutilizados directamente por outros contidos sen necesidade de subilos de xeito repetido.
- Así pois, a principal diferencia entre un fichero media de tipo imaxe e un ficheiro de imaxe subido directamente a través do editor HTML mediante a icona "Enviar imaxe desde o computador", é que no segundo caso sería necesario subir de novo o arquivo ao servidor, en caso de querer empregar a mesma imaxe noutro contido, duplicando así o espazo de almacenamento.
- A biblioteca de ficheiros media subidos ao sitio web pódese consultar na ruta Xestionar > Contido > Medios.
- A inserción de ficheiros media de tipo audio ou vídeo incorporan de xeito automático un reproductor no corpo do contido.
- A inserción de ficheiros media de tipo documento creará unha ligazón ao arquivo no corpo do contido.
Inserción dun vídeo remoto no corpo dun contido
- A inserción directa de vídeos remotos só é posible desde provedores compatibles (Youtube e Vimeo), premendo no botón Inserir elemento multimedia

- Abrirase unha xanela na que será preciso introducir a URL do vídeo.
- Premendo no botón Insert, o vídeo amosarase a pantalla completa.

Last modified: Wednesday, 4 February 2026, 4:53 PM