Tipos de contido
Completion requirements
Drupal incorpora por defecto só dous tipos de contido distintos. Pódense ver en Administrar, Estrutura, Tipos de contido.

- Artigo.
- Utilizarase para contidos que se quere aparezan ordenados por data e hora de publicación, habitualmente os que van publicados nunha taxonomía na que se van publicando novos contidos con frecuencia.
- Aparecen co usuario que os creou e a data de creación. (Esta opción pódese cambiar editando o tipo de contido e en Axustes da visualización desactivar Display author and date information (Amosar a información do autor e da data)).
- Poden levar unha imaxe que aparecerá a carón do texto.
- Na versión completa, vense ao final as taxonomías nas que está publicado e os comentarios.
- Vese a continuación un exemplo nas versións recortada e completa.
- Versión recortada (páxina da taxonomía).
-
-
- Versión completa (páxina do contido).
-
- Páxina básica.
- Utilizarase para contidos de caracter máis estático e que son vixentes durante un periodo longo de tempo. Por exemplo: Historia do centro, Datos de contacto, Composición dos órganos de goberno, Horarios, Documentación, etc.
- Non lles aparece nin o usuario nin a data de creación.
- Aparecen as "migas de pan" (ruta ata o contido).
- Na versión completa, vense ao final as taxonomías nas que está publicado.
- Vese a continuación un exemplo nas versións recortada e completa.
- Versión recortada (páxina da taxonomía).
-
-
- Versión completa (páxina do contido).
-
Last modified: Monday, 7 April 2025, 12:14 PM