Como recuperar o contrasinal da aula virtual
Pódense dar tres casos distintos. Fíxate no que che interesa:
(1) Se tes correo electrónico e estás rexistrado como usuario na aula virtual do teu centro con ese correo pero non lembras o teu nome de usuario ou o teu contrasinal.
(2) Se non tes correo electrónico pero si estás rexistrado como usuario na aula virtual do teu centro pero non recordas o teu nome de usuario ou o teu contrasinal.
(3) Se pertences ao equipo directivo do teu centro e queres recuperar o contrasinal como administrador da aula virtual.
(1) Recuperación do contrasinal para usuarios con correo electrónico
- Na pantalla de acceso premer no enlace Esqueceu o seu nome de usuario ou o contrasinal?

- Na seguinte pantalla existen dúas opcións

- Buscar por nome de usuario
Se recordas o teu nome de usuario, escríbeo na casilla Nome de usuario e premee en Buscar
-
- Ou Buscar por enderezo de correo
Neste caso escribe o correo que teñas asociado ao teu usuario na casilla Enderezo de correo e preme en Buscar.
En calquera das opcións a páxina amosa a seguinte mensaxe:

- Recibirás un e-mail no correo coas instrucións precisas para poder acceder de novo.
Se non recibes o correo nin buscando por nome de usuario nin buscando por correo eléctronico, pode ser por varios motivos:
-
- Comproba que a túa conta de correo non teña o buzón de entrada cheo. Baléirao nese caso.
- O teu usuario non ten asociada esa conta de correo ou ten unha conta inválida. Neste caso debes poñerte en contacto co teu centro para que revisen a túa conta.
- O e-mail recibido será do tipo deste, donde podes ver o teu nome de usuario <<nome_de_usuario>> e donde tes un enlace para acceder e mudar o contrasinal:
Ola O teu nome. Vostede solicitou un restabelecemento de contrasinal para a súa conta «nome_de_usuario» en Aula Virtual: Nome do seu centro. Para confirmar esta petición, e establecer un novo contrasinal para a súa conta, vaia ao seguinte enderezo: https://www.edu.xunta.gal/centros/nome_do_centro/aulavirtual2/login/forgot_password.php?token=rrYR40b7ebf2dD0deHpQkHPWMumdhfZx (Esta ligazón é válida durante 30 minutos desde o momento no que fixo a solicitude por primeira vez. Se vostede non solicitou este restabelecemento de contrasinal, non é necesario que faga nada. Se necesita axuda, contacte co administrador del sitio, Administrador da aula virtual correo do centro
- Preme na ligazón que se envía ou copiaa e pegaa no navegador, antes de 30 minutos, amósase a seguinte páxina onde tes que introducir o novo contrasinal e premer en Gardar modificacións

(2) Recuperación do contrasinal para usuarios sen correo electrónico
Se vostede é usuario da aula virtual pero non ten asociado ningún correo electrónico ten que poñerse en contacto co seu centro educativo para restablecer o seu contrasinal.
(3) Recuperación do contrasinal para o equipo directivo
Todas as aulas virtuales dos centros participantes do proxecto Websdinámicas teñen por defecto un usuario admin con permisos de administrador.
Este usuario está asociado ao correo do centro nome_do_centro@edu.xunta.es
No caso de ter esquecido o contrasinal pódese recuperar seguindo os seguintes pasos:
- Na pantalla de acceso premer no enlace Esqueceu o seu nome de usuario ou o contrasinal?

- Na seguinte pantalla existen dúas opcións

-
- Buscar por nome de usuario
Escribir admin e premer en Buscar
-
Ou Buscar por enderezo de correoNeste caso escribir o correo do centro nome_do_centro_@edu.xunta.es e premer en Buscar. Tamén pódese probar co correo do centro terminado en @edu.xunta.gal.
- Buscar por nome de usuario
En calquera das opcións enviarase un correo ao centro coas instrucions precisas para poder acceder de novo.
Se ningunha destas opcións funciona (o que podería pasar se o usuario admin foi cambiado ou o correo asociado non é o correcto), ten que poñerse en contacto co seu Asesor Abalar de zona ou mandar un correo a websdinamicas@edu.xunta.es