Visualización de imaxes e vídeos da galería.
Requisitos do completado
- Premendo sobre o nome dun álbum visualizaranse os arquivos de imaxe e vídeo que conteña.


- Seleccionando unha das imaxes verase de xeito ampliado de acordo co establecido na configuración xeral de Coppermine

Pase manual e pase automático de imaxes
- Premendo nos cursores da barra superior da pantalla anterior é posible visualizar unha a unha cada unha das imaxes que compoñen o álbum.
- Tamén é posible seleccionar o pase automático de todas as imaxes premendo na icona slideShow
, o que iniciará unha transición entre todas as imaxes que conforman o álbum cun tempo establecido na configuración xeral do Coppermine. (Esta configuración pode modificala un usuario administrador desde o Menú Configuración --> Vista de imaxes --> Intervalo da presentación de diapositivas).
Última modificación: mércores, 23 de outubro de 2024, 10:23 AM