Subir imaxes e vídeos (administradores e usuarios rexistrados)
Requisitos do completado
Subir ficheiros de imaxes e vídeos a un álbum
Unha vez creados os álbumes xa estamos en disposición de engadir neles as imaxes/vídeos desexados (*)
- Premer en Subir ficheiro.
- Seleccionar o álbum no que se incorporarán os ficheiros.
- Especificar os arquivos a subir (pódense subir varios de xeito simultáneo):
- Seleccionándoos mediante o botón Examinar.
- Arrastrando directamente os ficheiros á caixa de selección

- Unha vez incorporadas as imaxes aparecerá unha ventá coa posibilidade de especificar un título e descrición para cada unha das imaxes subidas.
- Permite ademáis a posibilidade de especificar unha serie de palabras chave ou etiquetas que servirán para que os usuarios poidan localizar ditas imaxes dun xeito máis doado.
- Nesta mesma ventá tamén existe a posibilidade de borrar as imaxes, resetear o contador de visitas, resetear os votos para cada imaxe ou borrar os comentarios.
- Tamén existe a posibilidade de "Aprobar ficheiros" no caso de que o álbum sexa compartido por varios usuarios.

Premendo no botón Inicio poderase acceder ás imaxes subidas para cada álbum
(*) Para poder subir un ficheiro é necesario ter creado polo menos un álbum. De non facelo así amosarase a seguinte mensaxe de erro:

Última modificación: mércores, 23 de outubro de 2024, 10:22 AM