Inserir unha imaxe nun artigo empregando o módulo Lightbox2
Requisitos do completado
Inxerir unha imaxe empregando o módulo Lightbox2
O módulo Light Box está instalado en multisite e dispoñible para todos os centros participantes no proxecto pero non está activado por defecto, debe ser o administrador da web do centro quen o faga se lle parece interesante.Debemos por tanto falar primeiro co administrador para averiguar se está activo ou lle interesa activalo.
Os administradores das webs dos centros poden consultar a documentación relativa a este módulo, a súa configuración e mantemento no curso de Drupal-Administradores dispoñible na Aula Virtual Aberta de Websdinámicas: http://centros.edu.xunta.gal/websdinamicas/aulavirtual
Podemos usar e aplicar as funcionalidades de Lightbox2 na nosa páxina de diferentes maneiras e con diferentes tipos de contidos, como os artigos de blog, que incorporen imaxes.
Exemplo do uso de Lightbox2 con imaxes insertadas nun contido tipo "artigo".
- Creamos un novo contido, tipo "artigo".
- Debaixo do campo "Corpo" pulsamos a opción "Disable rich-text"

- A continuación pulsamos o botón inferior "add images"
- Na nova ventá que nos aparece, pulsamos o botón "subir a new image",
- Introducimos un título e seleccionamos unha imaxe para subir.
- Despois de subir a imaxe, aparecerá un recadro de propiedades da imaxe onde deberemos seleccionar no desplegable "Link" a opción "Link to image page"

- Finalmente pulsaremos o botón "Insert" e publicaremos este novo contido tipo páxina na categoría que queiramos.
- Podemos ver o efecto que o módulo Lightbox2 produce sobre as imaxes, ao facer clic sobre a imaxe que acabamos de insertar (mira a seguinte imaxe)

Se o administrador ten configurado o módulo para que funcione en modo presentación (xenera automática un pequeno slide coas imaxes subidas) podemos empregar este método para crear unha pequena minigalería de imaxes o único que temos que facer é repetir o proceso anterior inxerindo sucesivas imaxes, o módulo encargarase de crear con elas unha pequeno slide ou pase de diapositivas.
Tamén podes visualizar un exemplo de funcionamento real do módulo no enderezo: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvalesvillamarin/blog/infantil/marcelle (debes premer sobre algunha das imaxes para ver o efecto light box
Última modificación: mércores, 23 de decembro de 2015, 11:06 AM