2.- Interface de Moodle
2.- Interface de Moodle
Unha vez que entramos na Aula Virtual poderemos observar diferente información distribuída por distintas zonas coas cales nos iremos familiarizando.

Na parte superior dereita (así como na parte central inferior) podemos atopar a zona de Acceso e identificación. Nesta zona atoparemos un enlace sobre a palabra (Acceso) que nos levará ao formulario de entrada á plataforma. Unha vez que estemos autenticados, nesta zona aparecerá o noso nome cun enlace que nos levará á ficha de información sobre o noso usuario.
Para poder acceder como usuario rexistrado necesitamos que previamente algún Administrador nos teña dados de alta nesta plataforma. En caso contrario só seremos un visitante anónimo.
Na parte central é habitual que apareza un listado cos cursos dispoñibles e un resumo dos mesmos. Esta vista pode variar dunhas plataformas Moodle a outras, xa que é totalmente configurable. O que se describe aquí sería a interface que aparecerá por defecto.
Na parte dereita temos unha zona de bloques onde hai un par deles activos: un bloque con información xeral sobre a Aula Virtual que estamos visitando e un Calendario.
Acceso como usuarios rexistrados
Para a realización do presente curso, os alumnos xa estarán dados de alta previamente na plataforma de traballo, dispoñible no seguinte enderezo:
(sendo "nomedocentro" o espazo de prácticas asignado a cada alumno deste curso).Para acceder, usaremos os datos seguintes: nome de usuario "admin" e contrasinal "1234web".

Unha vez teñamos accedido, veremos que a plataforma mostra o noso identificador na parte superior dereita da pantalla.
Poderemos ver tamén, entre outros, o bloque de administración e o botón "Activar Edición"

Unha vez autenticados, poderemos realizar unha serie de accións que antes, como usuarios anónimos, non poderíamos. Todas as accións que podamos realizar dependerán do papel ou rol que nos outorgase o Administrador da plataforma. Estes posibles roles serían os seguintes:
- Administrador: os administradores poden facer de todo en todos os cursos.
- Creador de cursos: os creadores de cursos poden crear novos cursos e exercer de profesores neles.
- Profesor editor: os profesores editores poden facer calquera cousa dentro dun curso (excepto crealo), incluíndo a creación ou modificación de actividades e a clasificación e avaliación dos estudiantes.
- Profesor non editor: os profesores non editores poden impartir un curso, pero non poden modificar os materiais creados nin crear novos materiais; só poden empregar os dispoñibles.
- Estudante: os estudantes teñen menos privilexios dentro dun curso: acceder á información e realizar as actividades propostas.
- Invitado: os invitados teñen os mínimos privelexios e non poden introducir texto en ningún lugar.
Para a realización deste curso tedes o rol de Administradores. Isto posibilitaravos para a creación tanto do curso como dos recursos que se crearán no mesmo.