3. Como configurar a Aula Virtual

Para que a app Moodle Mobile poida conectar coa Aula Virtual do centro educativo, é necesario realizar algunhas configuracións que unicamente pode realizar un administrador da propia aula virtual.

As configuracións necesarias resúmense nos seguintes 4 pasos.

PASO 1

Activar servicios móbiles SERVIZO MÓBIL
Menú = Administración do sitio -> Engadidos -> Servizos web -> Móbil
Cando accedes a esta pantalla debes marcar a opción "Activar os servizos web para móbiles" e finalmente pulsar o botón "Gardar os cambios".

PASO 2

ADDITIONAL FEATURES Configurar plugin
Menú = Administración do sitio -> Engadidos -> Plugins locais -> Moodle Mobile additional features
Nesta pantalla xa debe aparecer seleccionada a opción "Via the app" no desplegable "Type of login" (se non é así, selecciona esa opción e pulsa o botón "Gardar os cambios".
A continuación, pulsa no enlace "Check plugin configuration" para acceder á pantalla que amosa os seguintes pasos.

PASO 3

4 pasos na configuración do plugin
Na columna "Estado" que amosa esta pantalla deben configurarse coa opción "Si" os 4 pasos que se describen na propia pantalla.
Os dous primeiros xa deberían aparecer como "Si" se realizamos correctamente os dous pasos anteriores.

Para configurar o paso 3, debemos pulsar sobre o texto "Enable the Moodle Mobile additional features service". Na pantalla que se amosa, debemos marcar a opción "Activado" e finalmente pulsar o botón "Gardar as modificacións".

PASO 4

Habilitar crear token
Para configurar o paso 4, volvemos á pantalla anterior (paso 3) e pulsamos sobre o texto "Grant permissions to the authenticated user role".
Na pantalla que se amosa a continuación, debemos buscar a entrada "Crear unha ficha de servizo web (moodle/webservice:createtoken)" e marcar a opción "Permitir".
Para finalizar pulsa o botón "Gardar os cambios".