Carga masiva de usuarios
4. Alta dos usuarios do ficheiro na aula virtual
Neste capítulo imos ver como configurar os parámetros do formulario de carga de usuarios para levar a cabo a alta dos usuarios do ficheiro. Elixiriamos as seguintes opcións:
- En configuración:
- Upload type = Add new only, skip existing users (Supoñemos que non existe ningún así que os dará todos de alta)
- New user password = Campo requerido no ficheiro (A contrasinal ven no ficheiro)
- Forzar o cambio de contrasinal = Ningún
- Prevent email address duplicates = Non (Permitiremos que se repitan os enderezos de correo electrónico)
- Standardise usernames = Non (Os nomes xa veñen normalizados no ficheiro de datos)
- En Default values, podemos poñer:
- Ver correo = Agochar o meu enderezo de correo a todos (Como utilizamos o enderezo nonresponder@edu.xunta.es non ten sentido que este sexa visible)
- Descrición = (Podemos poñer grupo de alumnos, p.e. ESO 2ºB)
- Pinchamos en Cargar usuarios
- Moodle procesa o ficheiro e amosa o resultado, donde podemos ver que fixo con cada usuario do ficheiro e un resumo do feito:

Figura: Resultado da carga de usuarios
- Pinchamos en Continuar e temos finalizada esta carga de usuarios.