Websdinámicas: Drupal administradores

7. Drupal Estatísticas (Statistics)

Calculator Foto hecha por Jorge Franganillo (CC)O core de drupal trae incorporado o módulo Statistics, que nos permite ter información estatística do noso sitio web: número de veces que se visitou unha páxina, contidos que se visitaron nesa páxina, data na que se mostrou, número de visualizacións recentes dun contido, número de veces que se visualizou en total, referentes principais (páxinas de terceiros que apuntan á nosa)...

Estas estatísticas proporciónannos detalles sobre os usuarios da páxina e o uso que fan dela (contidos populares, os máis vistos recentemente, os máis vistos todo o tempo etc.)



contido

Neste bloque traballaremos coas estatísticas, módulo íntimamente ligado ao de rexistros.
Este módulo lle permite ao administrador coñecer os contidos máis populares da súa web, os usuarios mási activos, e outro tipo de esatísticas que lle permitirán coñecer mellor o xeito en que os usuarios interactúan coa web do centro.