Websdinámicas: Drupal administradores
6. Bloque I: Rexistros
Nesta sección veremos como acceder aos rexistros do sistema e a outra información de interese sobre o estado do noso sitio.
O módulo watchdog (vixiante) monitoriza a páxina, capturando os eventos do sistema nun rexistro. O vixiante non é máis que unha lista dos eventos almacenados que contén datos de uso, de rendemento, de erros, de avisos e de información sobre as operacións que se realizan.
É importante verificar o informe do vixiante con certa regularidade. En caso de detectar algunha anomalía nos informes, deberá de comunicarse o antes posible co seu Asesor SIEGA/ABALAR de Zona.

O contido deste bloque céntrase nos rexistros do sistema. Este módulo pode aportar información de interese para o administrador da web do centro que lle permita coñecer o xeito no que os usuarios da web interactúan con ela e os erros máis habituais no acceso e emprego do sitio.