Section outline

    • Moodle 1.8: Acceso e interfaces.

      http://lotomas.net/2012/09/how-to-mirror-a-moodle-site-with-wget-and-dont-die-trying-it/#prettyPhoto/0/

      Neste módulo veremos a forma de acceso á aula virtual do noso centro a través dos interfaces principais de Moodle. Ademais teremos ocasión de aprender a personalizar o noso perfil de usuario así como aqueles pequenos pasos que nos permitirán crear un novo curso para comezar a traballar.

      Determinadas funcións que veremos neste apartado dependerán da configuración que o administrador teña feita da aula virtual. Nas aulas virtuais dos centros educativos públicos galegos respectáronse as configuracións que por defecto trae a propia aplicación Moodle para favorecer o acceso a documentación que hai na rede.

      Estas configuracións por defecto pódense modificar e permitir que o propio rol "profesor" poida crear cursos en categorías específicas.


    • Unha das últimas revolucións tecnolóxicas é a denominada "web 2.0" que se caracteriza por permitir que usuarios sen coñecementos técnicos poidan publicar información en internet de xeito sinxelo e rápido. Isto é posible grazas ás aplicacións dinámicas que xeran campos de texto onde o usuario introduce a información. Estes campos poden personalizarse a través dunhas barras de botóns denomindadas "editores HTML" que permiten realizar diferentes funcións.
      Estas botoneiras son comúns entre moitas aplicacións. Moodle utiliza a denominada "TinyMCE" que se explica a continuación e que aparece en múltiples lugares da propia aula virtual: